O Senado aproba definitivamente a nova lei de educación (LOMLOE) cunha ampla maioría, que rexeitou todas as emendas presentadas pola oposición, encabezada por PP, VOX e Ciudadanos.
Fálase
A Fundación Rosalía de Castro advirte de que unha empresa "está a utilizar" o seu nome sen permiso para "vender un libro de elevado custo" a concellos e "algúns particulares". A entidade subliña que "non ten nada que ver coa comercialización deste produto", estuda accións legais polo que considera unha "estratexia comercial fraudulenta" e pide contactar con ela a quen poida ter coñecemento dos feitos.
Xa están publicadas no Diario Oficial de Galicia as mudanzas no mapa de restricións da Xunta pola COVID-19, as recomendacións para o Nadal e mais a actualización dos territorios afectados pola obriga de inscrición no rexistro de viaxe ao chegar a Galicia. As novas disposicións foron publicadas nunha edición extraordinaria do DOG que pode consultarse aquí.
A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas no ano 2021 a Xela Arias. A RAG destaca á poeta sarriá como "unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma", subliñando ademais "o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).
A Xunta limita a seis comunidades autónomas a obriga de rexistro de viaxeiros que cheguen a Galicia como medida de control do coronavirus. A modificación será publicada este mesmo martes nun DOG extraordinario e pasa a atinxir a Castilla-La Mancha, Balears, Catalunya, Comunitat Valenciana, Extremadura e Madrid. No eido internacional, Portugal segue sendo un dos Estados con obriga de rexistro. Na imaxe, un control de desprazamentos na contorna da Ponte dos Santos, en Ribadeo, nunha imaxe de arquivo.
O Consello de Ministros aproba a suspensión dos desafiuzamentos e dos cortes de subministros de luz, auga e gas para persoas consideradas consumidoras vulnerables (beneficiarias do bono social e demais supostos legais) ata a fin do vixente estado de alarma polo coronavirus, que se prolonga ata o 9 de maio. Na imaxe, a sesión do Consello deste martes, á que non acudiu Pedro Sánchez por mor da corentena que debe seguir tras o seu contacto co presidente de Francia, Emmanuel Macron, que deu positivo por COVID-19. (Foto: José María Cuadrado / Goberno de España)
O Parlamento aproba dúas leis tras un ano sen ningunha nova e despois de pechar a anterior lexislatura sendo a que menos leis novas rexistrou da historia da autonomía. As normas aprobadas son as de Ordenación do Territorio e a de Pesca Continental, ambas procedentes da lexislatura pasada.
A Audiencia Nacional investiga a venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, admitindo unha querela que acusa a compañía de poñer a empresa en mans de sociedades pantalla para evitar salvar os postos de traballo. En xullo do ano 2019 Alcoa traspasou as factorías ao fondo suizo Parter Capital, un acordo que en principio permitía a continuidade da actividade e dos empregos durante un mínimo de dous anos. Porén, en abril deste ano Parter revendeu as plantas ao Grupo Riesgo e ningún dos dous compradores realizou os investimentos previstos no plan estratéxico do acordo de venda.
A Audiencia Nacional absolve os doce membros de Causa Galiza e Ceivar que foran acusados de enaltecemento do terrorismo. Segundo a sentenza, que vén de publicarse, quedan tamén sen efecto todas as medidas cautelares impostas contra ambas organizacións.
O 'Gordo' da Lotaría de Nadal cae no 72.897. Este número foi vendido no Grove, en Vigo e no Porriño. Nesta ligazón pódense consultar todos os números do sorteo. Na imaxe, da retransmisión de TVE, un intre do sorteo.