A Audiencia Nacional investiga a venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, admitindo unha querela que acusa a compañía de poñer a empresa en mans de sociedades pantalla para evitar salvar os postos de traballo. En xullo do ano 2019 Alcoa traspasou as factorías ao fondo suizo Parter Capital, un acordo que en principio permitía a continuidade da actividade e dos empregos durante un mínimo de dous anos. Porén, en abril deste ano Parter revendeu as plantas ao Grupo Riesgo e ningún dos dous compradores realizou os investimentos previstos no plan estratéxico do acordo de venda.
