Rianxo pasa ao nivel máximo de restricións, que se suavizan en Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa (pasan ao nivel básico e eliminan as limitacións de mobilidade), Moaña (pasa ao nivel medio) e Vilalba, Tui e Ponteareas (pasan ao nivel alto). A incidencia da Covid-19 en Rianxo estaba a medrar nos últimos días e xa chegaba aos 300 casos por cada 100.000 habitantes. A Xunta adoptou estas decisións despois da reunión do comité clínico, que non realizou cambios na situación das sete cidades. Este martes o Goberno galego anunciará as medidas do Plan de Nadal.
