Xosé M. Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020 coa obra "De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975)", na que analiza a utilización do folclore e os seus símbolos polo fascismo. O galardón, organizado pola Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta co patrocinio de Caixa Rural Galega, inclúe a publicación do libro nos vindeiros meses.
