O ministro de Transportes afirma que "este mes se completan as obras necesarias" para a "posta en servizo do tramo restante" da liña do tren de alta velocidade a Madrid en 2021. José Luis Ábalos afirmouno durante unha visita ao viaduto de Teixeiras, en Laza, que fai parte destes últimos treitos en obras e onde se están a realizar probas de carga. (Imaxe: ©Adif)
Fálase
A Axencia Europea do Medicamento aproba por unanimidade a vacina contra a COVID-19 de Pfizer e BioNTech para a poboación maior de 16 anos. É o paso previo para que a Comisión Europea autorice o seu uso, o cal previsiblemente sucederá este mesmo luns, segundo avanza a presidenta Von der Leyen. (Imaxe: EMA)
Xosé M. Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020 coa obra "De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975)", na que analiza a utilización do folclore e os seus símbolos polo fascismo. O galardón, organizado pola Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta co patrocinio de Caixa Rural Galega, inclúe a publicación do libro nos vindeiros meses.
Feijóo dá negativo na proba PCR da COVID-19 á que foron sometidos os asistentes ao acto celebrado polo PP o pasado venres na Coruña, segundo informa La Voz de Galicia, por mor do positivo da conselleira do Mar, Rosa Quintana. O presidente da Xunta retoma hoxe a súa axenda oficial presencial, acudindo ao pleno do Parlamento, que vota as emendas á totalidade dos Orzamentos de 2021. O vixente protocolo do Sergas fixa corentena de 10 días para contactos estreitos de caso, con independencia do resultado da primeira PCR.
O Sergas, segundo informa Europa Press na súa web, cita a unha proba PCR a todos os asistentes a un acto de Feijóo e Casado o venres na Coruña no que estivo a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que este sábado informou do seu positivo en coronavirus. No acto, no que Feijóo e Casado quitaron as máscaras en varias ocasións, o presidente da Xunta acusou o Goberno de España de agravar a pandemia cunha "chamada masiva a participar" nas manifestacións do 8M. Tamén o sábado a Xunta difundiu un vídeo de Feijóo pedindo "sentidiño" de cara ás festas do Nadal.
O Burela gaña a Copa da Raíña de fútbol sala ao impoñerse ao Poio por 1-0 con gol de Elena Aragón. Os dous equipos galegos chegaran á final tras impoñerse o venres ao Alcorcón e o Universitat d'Alacant. [Imaxe: @futgal]
O PP galego divulga un vídeo de Nadal no que atribúe a crispación ao resto de partidos dous días despois de que Feijóo chamase “socialcomunista” e “sectario” ao Goberno central. O presidente dos populares galegos intervén no vídeo para felicitar unhas festas “sen cores políticas”.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, dá positivo por COVID tras participar martes e mércores en Bruxelas nas negociacións das cotas de pesca da UE. Ela mesma informou a través de Twitter de que está asintomática e que seguirá pendente do sector vía telemática.
A Xunta concede as Medallas Emilia Pardo Bazán a Megumi Shiozawa, á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense e á Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo. O Goberno galego recoñece con esta iniciativa por segundo ano "o labor a favor da igualdade entre homes e mulleres para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade".
A Xunta deixará de renovar automaticamente a partir do 1 de xaneiro o trámite trimestral para seguir cobrando a prestación por desemprego. En marzo o Goberno galego deixou en suspenso polo coronavirus a obriga de renovar cada tres meses as demandas de emprego, trámite necesario para cobrar a prestación. A Xunta di que avisará por SMS e correo electrónico ás persoas afectadas e ofrecerá vías de tramitación a distancia para que non teñan que facelo presencialmente nas oficinas de emprego.