🎄Durante o DÃa de Nadal, Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o sábado, dÃa 26, estamos de volta. Boas festas!
Fálase
A UE e o Reino Unido chegan a un acordo sobre o Brexit, un pacto comercial e económico que permite unha separación ordenada a partir do 1 de xaneiro e a cooperación en materia xudicial, cientÃfica e educativa, entre outros ámbitos. Pódese seguir en directo a rolda de prensa na que Ursula von der Leyden, presidenta da Comisión Europea, e o negociador xefe británico explican o contido do acordo. Imaxe: UE
MagÃn Blanco e un grupo de alumnos e alumnas do CEIP SabarÃs de Baiona gravan a canción “Ponte...Nas Ondas!", que celebra o 25 aniversario desta iniciativa cultural e pedagóxica que tece redes entre centros de ensino galegos e portugueses a través da radio e de accións de defensa do patrimonio inmaterial
Persoal da TVG mobilizado na plataforma Defende a Galega critica que a canle pública afirme no Telexornal que a nova lei educativa, aprobada onte definitivamente no Senado, "suprime" a educación especial ou as repeticións de curso malia non corresponderse coa realidade. O colectivo lamenta tamén o xeito en que a Galega aborda a situación dos idiomas oficiais na nova norma, dando a entender que o castelán tamén é "suprimido".
A actriz Beatriz Serén protagoniza o vÃdeo producido polo Concello de Lugo no que representantes de diversos ámbitos, institucións e entidades sociais, culturais e deportivas da cidade animan a cidadanÃa, especialmente á mocidade, a seguiren as medidas de seguridade para evitar contaxios da COVID-19 no Nadal do 2020. A montaxe conta coa colaboración do director Andrés Goteira.
Galicia contará con máis de 18.000 doses da vacina de Pfizer e BioNTech contra a COVID-19 para comezar a campaña de inmunización, confirma o Sergas. Segundo o previsto, a primeira poboación destinataria da vacina serán residentes en centros para maiores. Concretamente, Sanidade comezará a vacinar con 500 doses para unha residencia de Santiago o domingo, 27 de decembro, primeiro dÃa contemplado para a vacinación en toda a UE. O groso da primeira partida chegará o luns. As doses están a ser distribuÃdas por toda a UE.
O Senado aproba definitivamente a nova lei de educación (LOMLOE) cunha ampla maiorÃa, que rexeitou todas as emendas presentadas pola oposición, encabezada por PP, VOX e Ciudadanos.
A Fundación RosalÃa de Castro advirte de que unha empresa "está a utilizar" o seu nome sen permiso para "vender un libro de elevado custo" a concellos e "algúns particulares". A entidade subliña que "non ten nada que ver coa comercialización deste produto", estuda accións legais polo que considera unha "estratexia comercial fraudulenta" e pide contactar con ela a quen poida ter coñecemento dos feitos.
Xa están publicadas no Diario Oficial de Galicia as mudanzas no mapa de restricións da Xunta pola COVID-19, as recomendacións para o Nadal e mais a actualización dos territorios afectados pola obriga de inscrición no rexistro de viaxe ao chegar a Galicia. As novas disposicións foron publicadas nunha edición extraordinaria do DOG que pode consultarse aquÃ.
A Real Academia Galega dedicará o DÃa das Letras Galegas no ano 2021 a Xela Arias. A RAG destaca á poeta sarriá como "unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesÃa galega en temas, estilo e forma", subliñando ademais "o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no DÃa das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de RosalÃa de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), MarÃa Mariño (2007) e MarÃa Victoria Moreno (2018).