A Mesa pola Normalización denuncia á TVG por acusala falsamente de querer "impoñer" o galego
A entidade de defensa da lingua lembra que entre os seus obxectivos está a defensa do galego pero non a súa imposición, como lle atribuíu o Telexornal
A entidade de defensa da lingua lembra que entre os seus obxectivos está a defensa do galego pero non a súa imposición, como lle atribuíu o Telexornal
O tribunal acepta a demanda de CUT, CCOO e UGT, aos que a Corporación terá que indemnizar con cadanseus 7.500 euros por establecer "unilateralmente" o protocolo sen abrir a negociación colectiva, vulnerando tamén o dereito á negociación colectiva.
O parlamentario socialista Julio Torrado revela o emprazamento formal da CSAG a corrixir unha intervención na que, tras relatar "casos de imputados relacionados coa CRTVG, citei nunha das ocasións a palabra condenados" de maneira "errónea" e facelo "cunha difusión equivalente, que sería que non saíse en ningún lado, porque non se publicou"
Os eurodeputados Ana Miranda e Nicolás González Casares advirten conxuntamente da ocultación das súas críticas á polémica Directiva de Retorno e aseguran que a televisión pública evitou tamén vinculala ao PP e a Vox ou aclarar que ten a esquerda en contra. Ambos aseguran tamén que lles foi recortada unha entrevista na que se censuraron as súas críticas a este regulamento.
O PP vai abrir no Senado unha pescuda política coa que acusa a corporación estatal de diversas irregularidades económicas e de converterse nunha "plataforma de propaganda partidista e gobernamental". Os 'venres negros' de Defende a Galega acumulan máis de 400 edicións e dous dos seus membros obtiveron sentenzas xudiciais que sinalan a antiga CRTVG por represalialos. O movemento dos populares no Estado é visto como "hipocrisía e cinismo absoluto" polo comité da actual CSAG
González Casares resalta que "xa sabemos" que a CSAG non cumpre as "garantías para evitar o control político nos medios públicos establecidas na normativa" comunitaria e "non imos aceptar" que a Comisión Europea "mire para outro lado". A deputada Silvia Longueira apunta aos "450 procedementos laborais perdidos", aos 408 venres negros ou á caída das audiencias como mostra do que "non é só un conflito laboral", senón "un problema democrático"
A sentenza do TSXG contra a corporación dos medios públicos galegos amplía a protección de dereitos do cadro de profesionais alén dos conflitos laborais e esténdea ás protestas contra a manipulación: "Limita o poder absoluto que crían que tiñan". A agora denominada CSAG disponse a recorrer no Supremo
A muller foi cambiada de posto e o tribunal di que a dirección dos medios públicos "non aporta unha xustificación obxectiva e razoable que desvincule o cese dos indicios de represalia"
O alto tribunal rexeita o recurso de casación da compañía contra unha sentenza da TSXG que xa lle advertira de que non podía poñer requisitos a maiores a quen optase por unha clínica privada. A corporación exixía ao persoal un xustificante médico que certificase que a súa atención estaba incluída na carteira de servizos públicos ou que non se podía realizar fóra do horario laboral, comprometendo ademais a protección de datos.
"A documentación achegada pola CRTVG non acredita axeitadamente a carencia de medios persoais dispoñibles nin a necesidade de realización do contrato para a prestación do servizo", conclúe o Contas nun informe ao que a dirección dos medios públicos retruca reprochando ao ente fiscalizador "obcecación", "suficiencia desmedida e intrusiva" e "xuízos de valor pouco respectuosos"
O persoal dos medios públicos mobilizado en Defende a Galega chega case oito anos despois aos 400 'venres negros' coa dignidade intacta. Porén, advirten de que o desánimo medra polo incremento da "privatización" da programación e a redución paulatina de redaccións e equipos técnicos propios
O venres negro 398 coincide con seis meses de bloqueo da renovación do órgano de goberno da CSAG que dá representación minoritaria á oposición e que leva catro meses cunha vacante