O Supremo condena a CRTVG por restrinxir os permisos para ir ao médico
O alto tribunal rexeita o recurso de casación da compañía contra unha sentenza da TSXG que xa lle advertira de que non podía poñer requisitos a maiores a quen optase por unha clínica privada. A corporación exixía ao persoal un xustificante médico que certificase que a súa atención estaba incluída na carteira de servizos públicos ou que non se podía realizar fóra do horario laboral, comprometendo ademais a protección de datos.