A Xunta admite no DOG que o que Feijóo presentou esta semana como “novo aumento salarial” ao funcionariado galego débese ao acordo asinado hai máis dun ano a nivel estatal entre o Goberno central e os sindicatos.
Fálase
Meteogalicia contabilizou máis de 3.000 raios durante a tarde deste xoves en toda Galicia, principalmente na provincia de Lugo pero tamén no Deza, onde a sarabia deixou desperfectos en numerosos vehículos.
Deporte, festivais, redes…estamos a tempo de recuperar o galego entre a mocidade? Vinte debulla o plan presentado por Política Lingüística para "dinamizar" o uso da lingua entre a xente moza, que pon o foco na poboación neofalante e nas actividades de lecer nun contexto no que diversos estudos alertan da creba da transmisión interxeracional do idioma.
Tarde de intensas treboadas en diversos puntos de Galicia, sobre todo na provincia de Lugo, onde se están a rexistrar fortes precipitacións, con sarabiadas e mesmo pedrazo. Ata esta noite está activada a alerta amarela por estas precipitacións treboentas, tal e como informa Meteogalicia.
O Celta comezará a Liga recibindo o Real Madrid en Balaídos. En Segunda, Dépor e Lugo tamén iniciarán a competición na casa, enfrontándose a Oviedo e Extremadura respectivamente. O balón comezará a rodar o 18 de agosto. Podes consultar aquí o calendario completo.
Os arqueiros da Xunta cazaron 11 xabaríns na contorna da cidade de Lugo. Medio Ambiente fixo un primeiro balance deste plan activado hai catro meses para escorrentar os animais na área urbana lucense. Segundo a Consellería, están a lograr "afastar" os xabaríns, que provocaran diversos incidentes nos últimos meses.
O Goberno galego remite agora ao Parlamento o proxecto de lei de abastecemento e loita contra a seca que prometera ter aprobado o ano pasado. Era unha das 12 leis anunciadas para 2018 das que a Xunta só foi quen de aprobar dúas en prazo.
O Consello da Xunta aproba o decreto que frea a apertura de novas casas de apostas durante nove meses de xeito cautelar para que o sector non especule mentres non se aproba unha nova lei. A lei actual de 1985 supuxo a condena por prevaricación do daquela vicepresidente, Barreiro Rivas, por unha concesión feita “antes incluso de ter cobertura legal para levala a cabo” e a “unha sociedade aínda inexistente”.
As temperaturas do pasado xuño en Galicia foron as máis baixas nese mes en 22 anos. A máxima máis alta rexistrada foron 35,7 graos en Pantón e a mínima, -2,2 en Calvos de Randín. Son algunhas das conclusións do informe climatolóxico que vén de divulgar Meteogalicia.
Dimite a voceira de Ciudadanos en Galicia. A edil lucense Olga Louzao afirma que cesa no cargo para "centrar os esforzos" no labor de oposición no Concello de Lugo, onde o partido ten 2 representantes. Transmitiu a decisión, confirmada pola dirección de C's, nunha carta que avanzou El Progreso