O Goberno galego remite agora ao Parlamento o proxecto de lei de abastecemento e loita contra a seca que prometera ter aprobado o ano pasado. Era unha das 12 leis anunciadas para 2018 das que a Xunta só foi quen de aprobar dúas en prazo.
Fálase
O Consello da Xunta aproba o decreto que frea a apertura de novas casas de apostas durante nove meses de xeito cautelar para que o sector non especule mentres non se aproba unha nova lei. A lei actual de 1985 supuxo a condena por prevaricación do daquela vicepresidente, Barreiro Rivas, por unha concesión feita “antes incluso de ter cobertura legal para levala a cabo” e a “unha sociedade aínda inexistente”.
As temperaturas do pasado xuño en Galicia foron as máis baixas nese mes en 22 anos. A máxima máis alta rexistrada foron 35,7 graos en Pantón e a mínima, -2,2 en Calvos de Randín. Son algunhas das conclusións do informe climatolóxico que vén de divulgar Meteogalicia.
Dimite a voceira de Ciudadanos en Galicia. A edil lucense Olga Louzao afirma que cesa no cargo para "centrar os esforzos" no labor de oposición no Concello de Lugo, onde o partido ten 2 representantes. Transmitiu a decisión, confirmada pola dirección de C's, nunha carta que avanzou El Progreso
PSdeG-PSOE e Marea Atlántica chegan a un "acordo programático e organizativo" na Coruña, un pacto que debe ser aínda ratificado polas bases da Marea. As dúas formacións apostan por impulsar a área metropolitana, pola gratuidade do ensino para os nenos e nenas de 0 a 3 anos ou pola recuperación do borde litoral da cidade. Consulta aquí toda a información
Hoxe comeza en Viveiro a XIV edición do Resurrection Fest cunha morea de actuacións co mellor da escena metal e hardcore. En Vinte, un repaso a media ducia de bandas galegas que pasarán polos escenarios do Resu
Carmela Silva, reelixida presidenta da Deputación de Pontevedra cos votos a prol de PSdeG e BNG, que gobernarán en coalición. Consulta aquí o máis destacado da sesión constitutiva da institución pontevedresa
O socialdemócrata italiano David Sassoli, novo presidente do Parlamento Europeo con 345 votos a prol
O CIS sitúa o PSOE ao bordo do 40% de intención directa de voto en eleccións xerais cunha ampla distancia sobre a segunda forza, que segundo o inquérito sería Ciudadanos, por diante do PP. Este indicador do barómetro non é equiparable a estimación de voto, coa coñecida como cociña da enquisa. En Galicia o PSOE tamén sería o máis votado; aínda que cunha marxe moito máis ampla que a lograda o 28A, cando os socialistas galegos foron primeira forza por primeira vez.
Acordo para a asignación dos principais postos directivos da Unión Europea. A nova presidenta da Comisión será a popular alemá Ursula Von Der Leyen e o Consello encabezarao o primeiro ministro liberal belga, Charles Michel. O BCE estará encabezado pola francesa Christine Lagarde, ata agora directora do FMI e antiga ministra no seu país. O ata agora ministro español de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, será nomeado Alto Representante para a Política Exterior. O Consello Europeo informa nesta nota dos detalles da proposta. (Imaxe: Consello Europeo)