Ana Miranda volverá tomar posesión como eurodeputada do BNG o vindeiro 28 de febreiro. A voceira do Bloque en Bruxelas substituirá a Josu Juaristi no marco do acordo 'Os pobos deciden' e manterá o escano ata o remate da lexislatura en 2019. Dende 2014 veu desenvolvendo actividade no marco desta coalición, con xestións como a do conflito do xeito ou a publicación do informe sobre o accidente de Angrois.
