Continúan os traballos de construción da ampliación da ponte de Rande vinte días despois da súa inauguración. Faro de Vigo dá conta de que decenas de obreiros seguen os seus traballos na ponte, onde Audasa acelerou o remate da parte nova para poder aplicar antes a suba de peaxes. Apenas dez días despois do acto protagonizado por Rajoy a ampliación xa foi recortada por mor das obras pendentes en Chapela, que roldarán os 11 millóns de euros.
