Galiza: espelho da autonomia. A canle de televisión portuense Porto Canal dedica unha ampla reportaxe multimedia aos corenta anos da autonomía galega coa participación de múltiples representantes políticos e sociais, percorridos pola Coruña, Vigo ou Santiago, a asistencia a unha sesión do Parlamento ou análises da importancia dos medios públicos de comunicación ou de empresas como Inditex. A reportaxe aborda tamén as relacións galego-portuguesas e a posibilidade de que o noso país poida ser un referente para instituír en Portugal un modelo autonómico.
