Arde un buque que transporta combustible a uns 18 quilómetros da Foz do Douro, fronte ás costas do Porto. O Greta K, de bandeira maltesa, dirixíase ao porto de Leixões con gasóleo e combustible para avións, segundo confirma a Mariña de Portugal, e 12 dos seus 19 tripulantes foron evacuados. As autoridades portuguesas remolcaron o buque para afastalo da costa e, informa a RTP, traballan na zona para tentar arrefrialo mentres non se desbotan consecuencias medioambientais. Segundo informa Porto Canal, os medios despregados na zona valoran levar o buque a Leixões ou Sines se é posible facelo en condicions de seguridade. [Imaxe: Mariña de Portugal]
