Arden 21 coches no centro de Tui nun incendio que o Concello considera intencionado e que tamén afectou a unha vivenda, pero que non causou feridos, segundo confirma o 112. Na extinción do lume colaboraron efectivos de Emerxencias da propia vila e de localidades da contorna tanto galegas como portuguesas. O Concello tudense pide "colaboración cidadá daquelas persoas que poidan ter algunha información sobre os autores destes incendios". [Imaxe: Concello de Tui]
