O presidente da Xunta será recibido pola presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, o vindeiro luns 27 en Bruxelas. Entre os asuntos que Alfonso Rueda abordará na xuntanza, segundo destacan desde o Goberno galego, figuran "nun lugar preferente" o futuro da pesca galega e a xestión dos fondos europeos. [Na imaxe, Rueda no encontro bilateral desta semana en Asturias CC-BY-SA David Cabezón/Xunta]
