Casado admite ante o xuíz que dixo que en Catalunya hai "profesores con instrucións" de impedir que o alumnado vaia ao lavabo se non fala catalán sen comprobar se era certo. O ex-presidente do PP afirmouno durante un acto de partido con Feijóo en Abegondo en 2021 (na imaxe) e agregou que "volvería" dicir o mesmo porque "sacou" a acusación de "medios de comunicación". Está investigado por inxurias a instancias do Goberno catalán.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/dous-05f7400-4b4f36d-5b188c2.jpeg)