Yolanda Díaz anunciará o 2 de abril nun acto político en Madrid a súa decisión sobre concorrer ás eleccións xerais como candidata á presidencia do Goberno de España á fronte de Sumar. A confluencia coas actuais forzas integradas en Unidas Podemos e outras formacións segue sendo unha das claves deste proceso e das expectativas electorais do proxecto da actual vicepresidenta segunda e ministra de Traballo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/fp0klc7xsau3wdf-7951f38.jpeg)