O Ministerio do Interior do PP espiou xornalistas sen orde xudicial para buscar filtracións, segundo revela este xoves a Cadena SER. A información tírase do sumario do caso Kitchen, no que está investigado o ex-ministro Jorge Fernández Díaz e o seu secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, entre outros, por presuntamente artellaren unha operación policial ilegal para buscar e destruír probas que inculpasen o PP no caso Gürtel.
