A Comisión Europea cre que as medidas adoptadas en Galicia "dificilmente lograrán erradicar" a plaga da couza guatemalteca que afecta á pataca, tan só "conter" a súa expansión. "En función dos resultados" a Comisión "podería considerar a adopción de medidas de emerxencia na UE".
Fálase
Máis de 400 persoas participaron en Ribadavia na manifestación de protesta pola supresión do ciclo de ESO no CPI Tomas de Lemos e o traslado de 178 alumnos e alumnas ao IES O Ribeiro. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase ás 11 horas ante a Consellaría de Educación
A Coruña (na imaxe), Compostela ou Ourense acolleron na tarde de onte manifestacións e concentracións reivindicativas polo Día do Orgullo LGTBI
A LOMCE sobrevivirá cando menos dous cursos ao dilatarse no Congreso os traballos para unha nova lei educativa
ÚLTIMA HORA | A Audiencia da Coruña confirma a imputación do ex-director de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, polo accidente de Angrois. Aquí, a información ampliada.
O Panteón de Galegos Ilustres acolle arestora a entrega das Medallas Castelao. A cerimonia pódese seguir ao vivo pola TVG. O máis destacado, hoxe en Praza.
Un piquete da folga do transporte péchase na sede da Dirección Xeral de Mobilidade para instar a Xunta a ser "responsable" e retomar o "diálogo" con persoal e patronal á vez. O peche continuou ata que foron recibidos polo director xeral. O sector vive este mércores a súa cuarta xornada de folga, cuxo remate vén esixindo a Consellería. Máis información, hoxe en Praza.
Os talleres de automoción sumáronse este martes á folga do sector do metal na provincia da Coruña, que volveu paralizar as grandes empresas. Os traballadores manifestáronse nas rúas de Compostela, Ferrol e A Coruña.
O Congreso insta a Defensa a negociar a devolución dos terreos da Maestranza á cidade da Coruña. A proposta de EnMarea foi apoiada polo PSOE, mentres que o PP se opuxo á cesión gratuíta do espazo, polo que o Ministerio quere obter un rendemento económico.
A burocracia atrasa a limpieza dos montes veciñais a pesar de estarmos nun período de alto risco de incendio, destaca Faro de Vigo. Dos 399 expedientes aprobados, só comezaron as tarefas de limpeza en 126