De Lara afástase do caso Garañón ata que se resolva a recusación de Besteiro. O proceso principal e a peza separada pasan a mans de Sergio Orduña, titular do xulgado de instrución número 3 de Lugo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/571b2ae1e4f83-546dccabb997c-15206963202_d430428c43_b.jpg)
De Lara afástase do caso Garañón ata que se resolva a recusación de Besteiro. O proceso principal e a peza separada pasan a mans de Sergio Orduña, titular do xulgado de instrución número 3 de Lugo.
DOCUMENTO Este é o guión de monicreques polo que un xuíz enviou a prisión os monicrequeiros de Madrid acusados de apoloxía do terrorismo
Sindicatos e forzas da oposición reclaman o rescate do novo hospital de Vigo. A concentración ante o centro sanitario enmárcase nas mobilizacións previas á nova manifestación a prol da sanidade pública prevista para o 12 de maio na cidade.
VÍDEO Así foi o encontro de música e letras que mantivo Silvio Rodríguez co alumnado dun colexio da Coruña antes do concerto que ofreceu na cidade o pasado 8 de abril.
A Fiscalía pide cárcere para dous xornalistas de ABC por publicar unha escoita do caso Bárcenas
A Fiscalía pide imputar os ultras excarcerados polo asasinato de Jimmy. Pide que se cite como investigados por homicidio e tentativa de homicidio os neonazis que foran liberados polo xuíz.
A Xunta amplía o crédito da súa orde de axudas aos medios de comunicación ata chegar aos 1,6 millóns, importe similar ao do pasado ano. As axudas a empresas que editan publicacións en galego aumentan ata acadar tamén o nivel de 2015.
O goberno de Lalín promove unha moción para separar a simboloxía e ritos relixiosos da actividade municipal. Recólleo Faro de Vigo
A Alternativa dos Veciños de Oleiros valora concorrer ás eleccións galegas. Recólleo La Opinión de A Coruña
O PP de Santiago pídelle apoio ao PSOE para gobernar a cidade, onde os conservadores son segunda forza. Son declaracións de Agustín Hernández tras as críticas de Caballero ás mareas. O pasado marzo Feijóo gabouse de ofrecerlle a alcaldía da capital galega aos socialistas.