Julia Torregrosa toma posesión como nova deputada de En Marea en substitución de Juan Merlo. Torregrosa foi a número 7 das candidaturas da formación e, como Merlo, é membro de Podemos. (Imaxe: En Marea)
Fálase
O expresidente da Deputación de Pontevedra e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, terá que ir finalmente a xuízo polo caso dos alugueiros, tras desestimar o tribunal o recurso presentado polos seus avogados. Louzán está acusado dun delito continuado de suborno impropio e a Fiscalía pide un ano de prisión para el e nove meses para a súa dona
Activo un incendio en Guntín que queimou xa 5 hectáreas e segue sen controlar tras iniciarse a primeira hora da tarde. Foto @BMarroxo
Liberdade sen cargos para os bombeiros andaluces acusados por rescatar refuxiados en Grecia.
Fomento anuncia que reinicia as obras de mellora da seguridade na entrada a Vigo pola A-55 aos poucos días das protestas unánimes do Concello de Mos pola súa paralización.
A CUT chama á CIG a "afrontar unha folga xeral real dende a unidade como única garantía posible de éxito". O sindicato convoca unha xuntanza coa CIG para abordar a convocatoria de paro feita para o próximo 19 de xuño.
Cheo absoluto nos Premios Martín Códax. Veñen de esgotarse as entradas para a gala de entrega dos galardóns da música galega, que se celebra este mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se coñecerán cales das 54 bandas e artistas finalistas resultan gañadoras.
A lingua non para! O Correlingua segue o seu percorrido polo país para animar o uso do galego entre a rapazada. Nós Televisión recolle o paso desta carreira por Santiago, onde xuntou un milleiro de estudantes de diferentes centros educativos.
"As 'manadas' lucenses": El Progreso analiza nesta reportaxe a resolución xudicial de dúas violacións en grupo que tiveron lugar na provincia nos últimos anos. Imaxe: Manifestación feminista en Vigo (Galiza Contrainfo)
O Lugo acada a permanencia na Segunda División. En 2ªB, o Fabril loitará polo campionato na última xornada, na que Celta B e Rápido de Bouzas pelexarán por entrar no play-off de ascenso. Por abaixo, Pontevedra, Coruxo e Racing de Ferrol. En 3ª, o Compostela proclamouse campión este domingo.