Unha concentración solidarízase ante os xulgados de Ferrol co persoal de Alcoa e representantes sindicais acusados de "atentado á autoridade" nunha manifestación ante o Congreso dos Deputados. Este martes declararon Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia, e dous traballadores da antiga Alcoa.
