A Xunta publica a distribución de 1,7 millóns en axudas para os medios de comunicación en 2017. É a única convocatoria de axudas que o Goberno realiza para este sector en concorrencia competitiva xunto á específica para publicacións periódicas en galego, publicada o xoves e dotada con 197.000 euros.
Fálase
Donald Trump asegura que aos Estados Unidos non lles viría mal "un pouco de cambio climático" en fin de ano para facer fronte á vaga de frío que sofre o leste do país.
Morre aos 91 anos Carmen Franco, filla do ditador. Era presidenta de honra da Fundación Francisco Franco e herdeira formal dos bens incautados polo seu pai, como o pazo de Meirás, a casa Cornide ou as esculturas da Catedral de Santiago, entre outras.
Feijóo di que Ciudadanos ten que tentar formar goberno en Catalunya e admite un “moi mal resultado” do PP que pide “analizar” para “reconstruír a confianza dos cataláns”.
O Concello da Coruña presenta a nova marca turística da cidade. O deseño gañador do concurso público organizado polo Consorcio de Turismo coruñés é obra de Antón Lezcano e ten como lema "sempre aberta".
O Consello Regulador do Mexillón de Galicia advirte dos perigos de proxectos mineiros como o de Touro para a riqueza das rías galegas. No seu último boletín, o departamento de I+D+i da DOP asegura que as administracións deben "aplicar o principio de precaución para protexer o mexillón".
A Xunta licita a construción da nova estación de autobús de Santiago anexa á estación de tren cun prazo de execución de 18 meses. Custará 10 millóns de euros e terá 36 dársenas. No acordo a tres bandas, o Goberno central ampliará a estación ferroviaria e o Concello de Santiago habilitará os accesos.
Admitida a trámite a demanda presentada polo Concello de Santiago para que a familia Franco devolva as figuras do Mestre Mateo. O Concello informa de que o xulgado de primeira instancia 41 de Madrid empraza á demandada a contestar no prazo de 20 días hábiles.
Imputado o presidente de Adif, Juan Bravo, no caso Lezo, que investiga a xestión do Canal de Isabel II na época de Gallardón. Bravo e outros ex-conselleiros da Comunidade están chamados a declarar entre o 10 e o 15 de xaneiro.
O pleno do Concello de Lugo rexeita a cuestión de confianza ligada aos orzamentos formulada pola alcaldesa. O resultado foi de 12 votos en contra (PP, Ciudadanos e ACE), 5 abstencións (Lugonovo e BNG) e 8 votos a prol (os do PSdeG). Se no prazo dun mes a oposición non formula unha moción de censura contra o goberno de Lara Méndez, as contas de 2018 ficarán aprobadas inicialmente.