O Sergas inicia este luns a vacinación infantil fronte á gripe cun programa piloto nos colexios. A vacina abranguerá as crianzas de 6 meses ata os 11 anos, unhas 215.000.

O Sergas inicia este luns a vacinación infantil fronte á gripe cun programa piloto nos colexios. A vacina abranguerá as crianzas de 6 meses ata os 11 anos, unhas 215.000.
A Xunta dá por controlado un incendio en Fisterra, na parroquia de San Martiño de Duio, que queimou preto de 25 hectáreas. Outro en Rodeiro, en Carboentes, está activo desde a tarde e supera as 20 hectáreas calcinadas. Ademais, servizos de extinción informaron ademais de fogos en Muíños ou Celanova nas últimas horas. Foto: @LumesGal
Contrabiografía, de Xabier López López, é a obra gañadora da primeira edición do Premio Trevo de narrativa 2025. A obra editada por Galaxia foi finalista do galardón xunto a Sábeme a salamántiga o ceo da boca de César Cequeliños e Eu son o monte de Sara Guerrero.
Xerais celebrou este sábado en Vigo o acto de entrega dos seus premios a Andrea Maceiras, Abril Camino e Érica Esmorís. Os discursos fixeron referencia ao xenocidio cometido en Gaza ou á necesidade dun maior apoio á literatura en galego.
Daniel Pérez, investido alcalde de Carballo co compromiso de "recoller o legado que deixa Evencio Ferrero". O novo rexedor substitúe no cargo o histórico rexedor nacionalista, que deixou o bastón de mando tras 22 anos como primeiro edil da capital de Bergantiños.
O presidente da patronal galega cualifica de "ocorrencia" a ampliación do permiso por falecemento dun familiar e coincide no expresado polo presidente da CEOE, Antonio Garamendi. Juan Vieites cargou contra a medida anunciada pola ministra de Traballo, Yolanda Díaz.
A Real Academia Galega elixe a Ernesto González Seoane académico de número. O catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da USC ocupará a vacante producida polo pasamento de Bernardino Graña. A entidade incorpora tamén como membro correspondente o profesor de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo Xosé María Gómez Clemente.
A Xunta non acudirá ao cumio sobre emerxencia climática que Pedro Sánchez anunciou durante a vaga de incendios do verán. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, confirmou que se une á decisión doutras 13 comunidades do PP que non acudirán á cita do luns coa vicepresidenta Aagesen por considerala propaganda.
Galicia contará cunha fábrica de Intelixencia Artificial en saúde no Centro de Supercomputación (CESGA). A instalación "acelerará a investigación e a innovación no ámbito sanitario", segundo destaca a Xunta sobre unha iniciativa que ten un orzamento de 82 millóns de euros, 41 achegados por fondos europeos e 24 por fondos do Estado.
RTVE ofrecerá narración en galego dos partidos da selección española de fútbol por primeira vez na súa historia. Os espectadores de Galicia poderán escoller a versión na lingua propia para os partidos de mañá sábado e do vindeiro martes nos que España se enfronta a Xeorxia e Bulgaria. O xornalista de RNE Carlos Jiménez será o narrador xunto a Enrique Morales, redactor de deportes de RTVE en Vigo. Foto: RFEF.