Anova celebrou o seu acto do Día da Patria no Campo da Rata, na Coruña, onde a formación nacionalista homenaxeou aquelas galegas e galegos "que o deron todo na loita contra o fascismo"
Fálase
Así foron os fogos do Apóstolo deste venres pola noite en Compostela, lanzados dende distintos puntos da cidade. Un dos lanzamentos provocou un pequeno incendio que queimou 1,7 hectáreas no parque Eugenio Granell
O acto político do BNG na Praza da Quintana pódese seguir en directo en vídeo a partir das 12.45. Intervirá Ana Pontón, voceira nacional da formación, e Paulo Ríos, secretario xeral de Galiza Nova.
Triángulo de Amor Bizarro celebran o 25 de xullo cunha versión en galego dunha das cancións do seu último disco, 'Vixiantes do Espello'
Trasladado ao hospital un dos xogadores do Fuenlabrada con positivo en coronavirus dende o hotel coruñés no que o persoal do club permanece illado. Segundo o equipo, a situación do xogador non é "grave" e o traslado é realizado por "precaución".
As músicas do pandereteiro Marcelo DoBode e mais de Cora Velasco conflúen este 24 de xullo no ciclo #en3vistas de Pontevedra (20h, Ponte do Burgo). Vinte conversou con ambos.
A Fiscalía pon en marcha a investigación solicitada polo Concello da Coruña polo brote de coronavirus importado coa viaxe do Club de Fútbol Fuenlabrada á cidade. O Ministerio Público indagará con estas dilixencias reservadas se, como defende o goberno local, existiron feitos que puidesen constituír delitos.
Os traballos de restauración da Catedral de Santiago recuperan a policromía das imaxes dos anxos no cruceiro do templo. A Catedral vén de publicar unha montaxe en time lapse que amosa o proceso de restauración dunha destas esculturas.
O Consello da Cultura Galega publica a recreación do 'Alba de Gloria' de Castelao, incluída na exposición sobre o histórico discurso que a institución organizou en 2018. Na véspera do Día Nacional de Galicia, o CCG tamén publica para a súa libre descarga, por tempo limitado, a edición conmemorativa do discurso.
Galicia está este 24 de xullo en risco "extremo" de incendio forestal na maior parte do país. Nas últimas horas, algúns dos focos de máis extensión continúan localizándose na provincia de Ourense; é o caso do que xa queimou unhas 150 hectáreas en Viana do Bolo.