O acto político do BNG na Praza da Quintana pódese seguir en directo en vídeo a partir das 12.45. Intervirá Ana Pontón, voceira nacional da formación, e Paulo Ríos, secretario xeral de Galiza Nova.
Fálase
Triángulo de Amor Bizarro celebran o 25 de xullo cunha versión en galego dunha das cancións do seu último disco, 'Vixiantes do Espello'
Trasladado ao hospital un dos xogadores do Fuenlabrada con positivo en coronavirus dende o hotel coruñés no que o persoal do club permanece illado. Segundo o equipo, a situación do xogador non é "grave" e o traslado é realizado por "precaución".
As músicas do pandereteiro Marcelo DoBode e mais de Cora Velasco conflúen este 24 de xullo no ciclo #en3vistas de Pontevedra (20h, Ponte do Burgo). Vinte conversou con ambos.
A Fiscalía pon en marcha a investigación solicitada polo Concello da Coruña polo brote de coronavirus importado coa viaxe do Club de Fútbol Fuenlabrada á cidade. O Ministerio Público indagará con estas dilixencias reservadas se, como defende o goberno local, existiron feitos que puidesen constituír delitos.
Os traballos de restauración da Catedral de Santiago recuperan a policromía das imaxes dos anxos no cruceiro do templo. A Catedral vén de publicar unha montaxe en time lapse que amosa o proceso de restauración dunha destas esculturas.
O Consello da Cultura Galega publica a recreación do 'Alba de Gloria' de Castelao, incluída na exposición sobre o histórico discurso que a institución organizou en 2018. Na véspera do Día Nacional de Galicia, o CCG tamén publica para a súa libre descarga, por tempo limitado, a edición conmemorativa do discurso.
Galicia está este 24 de xullo en risco "extremo" de incendio forestal na maior parte do país. Nas últimas horas, algúns dos focos de máis extensión continúan localizándose na provincia de Ourense; é o caso do que xa queimou unhas 150 hectáreas en Viana do Bolo.
A Federación de Librarías de Galicia celebra este xoves 23 o Día do Libro, despois de que a xornada fora adiada o pasado 23 de abril por mor do coronavirus. Farase un desconto do 10% en todas as compras, como vén sendo habitual nesta efeméride
Galicia recibirá 268,11 millóns de euros do primeiro reparto do fondo estatal para as autonomías pola crise da COVID-19, 6.000 millóns repartidos con criterios sanitarios como ingresos en UCI, pacientes hospitalizados polo coronavirus ou PCR realizadas ata abril. Este treito do fondo está concibido para ser destinado á sanidade pública, pero o seu destino concreto depende da Xunta. (Imaxe: CHOU)