A Federación de Librarías de Galicia celebra este xoves 23 o Día do Libro, despois de que a xornada fora adiada o pasado 23 de abril por mor do coronavirus. Farase un desconto do 10% en todas as compras, como vén sendo habitual nesta efeméride
Fálase
Galicia recibirá 268,11 millóns de euros do primeiro reparto do fondo estatal para as autonomías pola crise da COVID-19, 6.000 millóns repartidos con criterios sanitarios como ingresos en UCI, pacientes hospitalizados polo coronavirus ou PCR realizadas ata abril. Este treito do fondo está concibido para ser destinado á sanidade pública, pero o seu destino concreto depende da Xunta. (Imaxe: CHOU)
Os sindicatos do ensino mobilízanse este mércores contra o protocolo fronte ao coronavirus que a Xunta prevé aplicar para o curso 2020-21. A protesta inclúe unha cazolada ante a sede da Consellería de Educación.
A Xunta decreta a situación 2 nun incendio forestal no concello de Porto do Son, parroquia de Nebra, por proximidade do lume ao núcleo de Queiro. Na imaxe, outro incendio que afectou a Porto do Son nos últimos días e que foi extinguido despois de queimar 20 hectáreas de monte. A situación 2 foi desactivada contra as 11 da noite.
O BNG presenta o seu programa de actos para o Día da Patria, que por mor da COVID-19 culminarán cun acto na Praza da Quintana de Santiago e outros seis na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol, todos eles baixo o lema 'Construíndo a nova Galiza". Na imaxe, Xavier Campos, secretario de Comunicación da Executiva Nacional do Bloque.
Os positivos por coronavirus de varios xogadores do Fuenlabrada obrigan a suspender un congreso sobre o Camiño de Santiago que Turismo da Coruña ía celebrar dende hoxe no hotel Finisterre, onde se aloxa o equipo madrileño. Así o vén de confirmar, agregando que prevé comunicar "nas próximas semanas" as novas datas do evento.
Histórico acordo no Consello Europeo sobre o fondo de recuperación para paliar os efectos da crise do coronavirus, 750.000 millóns de euros financiados con débeda conxunta dos que 390.000 serán transferencias. Pedro Sánchez estima que España poderá acceder a ata 140.000 millóns. Consulta neste espazo de Praza.gal o máis destacado do pacto. Na imaxe, o presidente do Consello, Charles Michel, celebra o acordo. (© UE)
O Club Deportivo Lugo logra manterse na Segunda división, na que militará por novena temporada consecutiva, tras gañar 2-1 ao Mirandés nunha xornada marcada pola suspensión do Deportivo-Fuenlabrada, encontro no que o equipo coruñés tamén ía xogar pola permanencia, polo abrocho de coronavirus no equipo madrileño. (Imaxe: CD Lugo)
Suspendido o partido entre o Deportivo da Coruña e o Fuenlabrada, no que o equipo coruñés ía xogar as súas últimas opcións de permanencia na Segunda, por un posible brote de ata 6 casos de coronavirus no equipo rival. A disputa do resto da xornada, na que o Club Deportivo Lugo tamén ten en xogo continuar na Segunda, mantense malia á suspensión do partido na Coruña, segundo informa a Liga nun comunicado, no que defende que é "a solución que mellor protexe a saúde dos futbolistas e a integridade global da competición".
A candidata a vacina para a COVID-19 na que traballa un equipo da Universidade de Oxford logra unha "forte resposta inmune" nas súas primeiras fases de probas. Os resultados deste primeiro treito da investigación veñen de ser publicados na revista científica The Lancet. Os investigadores advirten de que cómpren máis ensaios, con máis persoas e de varias idades. Equipos galegos están tamén a traballar á procura dunha vacina para o coronavirus