A candidata a vacina para a COVID-19 na que traballa un equipo da Universidade de Oxford logra unha "forte resposta inmune" nas súas primeiras fases de probas. Os resultados deste primeiro treito da investigación veñen de ser publicados na revista científica The Lancet. Os investigadores advirten de que cómpren máis ensaios, con máis persoas e de varias idades. Equipos galegos están tamén a traballar á procura dunha vacina para o coronavirus
Fálase
Jácome confirma que Francisco Cacharro Gosende será o "coordinador xeral" do Concello de Ourense nomeado polo bipartito de PP e Democracia Ourensana. O rexedor ourensán anunciara este posto denominándoo city manager e eloxia do elixido, fillo do falecido ex-presidente da Deputación de Lugo, os seus "grandes coñecementos xurídicos e da administración local". Cacharro Gosende, que competía polo posto con outras dúas persoas, exerceu nos últimos anos como secretario da Deputación de Ourense. (Imaxe: Concello de Ourense)
Partes dos beneficios das residencias DomusVi acaban no territorio fiscalmente opaco de Jersey, segundo unha investigación de InfoLibre. En Galicia, as residencias da antiga Geriatros acabaron no conglomerado DomusVi e nas mans de fondos de investimento multinacionais tras o colapso de Novacaixagalicia. Estes centros de maiores foron dos que máis contaxios e mortes por coronavirus acumularon en Galicia.
A Xunta publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidos nas escolas infantís dependentes da Consellería de Política Social para o vindeiro curso, tanto do Consorcio como da Axencia de Servizos Sociais, e as listaxes de agarda. Os anuncios foron publicados no DOG deste luns e as listaxes pódense consultar nesta ligazón. As escolas infantís están pechadas dende o pasado marzo e o Goberno galego resolveu non reabrilas ata setembro.
O Celta logra manterse na Primeira División tras empatar 0-0 co Espanyol na derradeira xornada da Liga. (Imaxe: RC Celta)
Duras negociacións no Consello Europeo a respecto do fondo para paliar os efectos económicos da crise do coronavirus. Gobernos como o dos Países Bajos, Austria, Dinamarca Suecia ou Finlandia, esixen recortar a proposta da Comisión, con 750.000 millóns de euros dos que a maioría serían transferencias para os Estados máis golpeados pola pandemia, como España ou Italia. A chanceler alemá advirte de que é posible que a xornada finalice sen acordo. Na imaxe, unha das xuntanzas desta fin de semana en Bruxelas, coa participación de Pedro Sánchez e António Costa (© UE)
A rapa das bestas de Sabucedo, definitivamente suspendida por mor do coronavirus. Así o decidiu este sábado en asemblea a veciñanza da parroquia. Hai que actuar con responsabilidade para preservar a saúde e non correr riscos innecesarios que poidan facer que xurda un brote", sinala o presidente da asociación, Paulo Vicente. A asemblea decidiu tamén cancelar as festas de San Lourenzo e "intensificar o coidado das bestas no monte".
Máis incendios na provincia de Ourense. O de Rubiá, que afecta ao parque da Serra da Enciña da Lastra e que ata esta mañá xa queimara unhas 40 hectáreas, únense cando menos outros dous en Canibelos e Untes (Ourense). Polo momento, a Xunta informa dun só incendio en Ourense superior ás 20 hectáreas. Imaxe tomada por bombeiros forestais da Brif Laza, que participan nos traballos de extinción.
A asemblea xeral de Caixa Rural Galega aproba as súas contas de 2019 cuns beneficios de 5,5 millóns de euros, uns depósitos de "case 100.000 millóns de euros" e créditos por algo máis de 550 millóns. A asemblea reelixiu como presidente da cooperativa con sede en Lugo a Manuel Varela, na imaxe (á dereita) xunto ao director xeral, Jesús Méndez. A entidade mantense "optimista" para seguir medrando en 2020 malia á crise do coronavirus, que "fai presaxiar tempos máis complexos", indica.
A Fundación Luzes analiza este sábado os resultados electorais do 12X coa participación de Anxo Lugilde, David Rodríguez, Fran M. Hidalgo, María Obelleiro e Virginia P. Alonso. O encontro está moderado por Ana Luísa Bouza e pódese seguir ao vivo no Facebook de Luzes e mais na súa canle de Youtube.