Jácome confirma que Francisco Cacharro Gosende será o "coordinador xeral" do Concello de Ourense nomeado polo bipartito de PP e Democracia Ourensana. O rexedor ourensán anunciara este posto denominándoo city manager e eloxia do elixido, fillo do falecido ex-presidente da Deputación de Lugo, os seus "grandes coñecementos xurídicos e da administración local". Cacharro Gosende, que competía polo posto con outras dúas persoas, exerceu nos últimos anos como secretario da Deputación de Ourense. (Imaxe: Concello de Ourense)
