O fiscal de Angrois defende agora a imputación do ex-xefe de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, segundo vén de informar Europa Press na súa web. Antonio Roma considera agora necesario aclarar a relevancia penal da ausencia dunha análise de riscos e súmase aos argumentos de xuíz, vítimas e avogado do maquinista fronte aos recursos de Cortabitarte e Adif, que agora deberá resolver a Audiencia Provincial da Coruña. Esta semana Cortabitarte negouse a declarar á espera desa resolución.
