O conselleiro de Cultura confirma que A derradeira leición do mestre "volverá á Arxentina" logo da súa exposición en Santiago porque "iso foi o acordado" co Centro Galicia. "O contrario sería faltarlles ao respecto aos galegos que viven alí", asegurou Román Rodríguez sobre a emblemática pintura de Castelao no programa Con Vós que se emite en Bos Aires para a emigración galega (a partir do minuto 32).
Fálase
Xunta e Fomento acordan subir aínda máis as peaxes en toda a AP-9 a cambio de suprimir o cobro aos tráficos de Redondela. AMPLIAMOS AQUÍ A INFORMACIÓN.
O filme chileno Una mujer fantástica, con banda sonora do galego Nani García, optará ao Oscar á mellor película estranxeira. O compositor coruñés é un dos dous autores da música da fita, dirixida por Sebastián Lelio.
O Goberno central inicia no BOE a legalización do gasoduto da Mariña, en servizo desde 2015 pero cuxa autorización anulou en decembro o Tribunal Supremo por falta de planificación. Cando o autorizou en 2013 o Executivo non esixira un “compromiso expreso de consumo” a Gas Natural, como obriga a lei. O recurso xudicial por esa falta de planificación fora presentado polo Concello de Barreiros, cuxo urbanismo tamén creceu sen planificar.
Podemos Galicia asegura que as súas siglas non van ser "un problema" para apoiar as mareas nas municipais de 2019. Afirmouno a secretaria xeral da formación e vicevoceira parlamentaria de En Marea, Carmen Santos, que augura un fácil "entendemento" cara aos comicios. Recólleo Faro de Vigo
Marea Atlántica presentarase ás municipais como partido e non pactará coaligarse con Podemos. Acudirá aos comicios coa súa propia marca, tal e como explicita nos seus documentos para renovar a súa organización interna.
SOS Sanidade Pública insta a cidadanía a mobilizarse contra o "empobrecemento" do sistema sanitario e chama a saír á rúa nas concentracións deste mércores e na gran mobilización do día 4 de febreiro. Médicos denuncian o "abandono" da Atención Primaria, tal e como denunciou en Praza.gal o voceiro da plataforma convocante das protestas.
22 minutos de demora na viaxe inaugural do AVE Madrid-Castellón, presidida este luns por Mariano Rajoy. En Galicia o AVE a Madrid non estará rematado ata ben entrada a próxima década.
O Supremo rexeita a petición da Fiscalía de reactivar a orde de deter a Puigdemont pola súa viaxe a Dinamarca. Está a contalo eldiario.es. A conferencia na que participa en Copenhage pódese seguir nesta ligazón de Facebook Live.
O presidente do Parlamento de Catalunya "certifica que o único candidato" á presidencia da Generalitat é Puigdemont. Roger Torrent "propón" a Rajoy un encontro para "analizar e dialogar sobre a situación anómala" de que parte dos deputados "vexan vulnerados os seus dereitos políticos".