Así funcionan os centros secretos onde Facebook manexa a censura de contidos. "Aquí permítese o fascismo e o acoso machista", di persoal que traballa neles. É unha investigación de eldiario.es

Así funcionan os centros secretos onde Facebook manexa a censura de contidos. "Aquí permítese o fascismo e o acoso machista", di persoal que traballa neles. É unha investigación de eldiario.es
Abanca renuncia a lanzar unha OPA para facerse co control de Liberbank, a entidade que agrupou as antigas caixas de Asturias, Cantabria, Castilla-La Mancha e Extremadura. Así o vén de comunicar á CNMV, ante a que reitera a "boa fe" da operación coa que pretendía a súa expansión polo norte peninsular.
Josep Borrell será o candidato que encabezará a lista do PSOE ás eleccións europeas. O actual ministro de Exteriores xa fora o cartel dos socialistas nas europeas de 2004, tras as que presidiu a Eurocámara ata 2007.
A Muralla de Lugo tínxese de lila para simbolizar a acollida á manifestación feminista unitaria do vindeiro 3 de marzo, que este ano se celebra na cidade. O Concello lucense prepara diversos actos para acompañar a mobilización dos movementos feministas previa ao 8M. Na imaxe, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros membros do goberno e da corporación municipal.
Os laboristas apoiarán a convocatoria dun segundo referendo sobre o Brexit se é rexeitada a súa emenda sobre a unión aduaneira. Así o acaba de anunciar o seu líder, Jeremy Corbyn. Foto CC-BY-SA Sophie Brown.
A ex-voceira do goberno do PP na Deputación de Ourense confirma a súa fichaxe por Ciudadanos como líder local do partido en Xinzo. Montse Lama , que dimitiu a pasada semana de todos os seus cargos na Deputación ourensá e no concello limiao, asegura que se incorpora ao partido de Rivera porque racha coas "políticas conservadoras" e "sectarias". Na imaxe, Lama na súa etapa como voceira do goberno de Baltar.
Falece Esther Pita, alcaldesa de Oleiros de 1997 a 2003 e unha das fundadoras de Alternativa dos Veciños, formación que segue a gobernar a localidade
Pedro Sánchez visita en Francia as tumbas de Manuel Azaña e Antonio Machado como homenaxe a ambos persoeiros falecidos no exilio.
Polémica en Portugal pola suposta presenza dun oso na Serra do Barroso, veciña do concello ourensán de Baltar, 150 quilómetros ao suroeste da poboación estable coñecida máis próxima desa especie, nos Ancares. O oso pardo desapareceu de Portugal, do Gerês, hai máis de século e medio e nos últimos anos só foi detectado fóra da zona dos Ancares puntualmente no Courel.
O Goberno central busca cumprir por decreto unha das súas grandes apostas e elevar o permiso de paternidade a 16 semanas