O polígono compostelán do Tambre anuncia un "reforzamento da vixilancia", que se estenderá durante "as 24 horas durante os catro días sinalados da Semana Santa". O anuncio da asociación empresarial desta área industrial de Santiago chega despois de transcender o roubo de material sanitario nunha das naves do polígono, cuxas circunstancias completas están aínda por esclarecer.
