O Ministerio de Defensa asina a cesión á Universidade da Coruña da antiga fábrica de armas para desenvolver no recinto o parque tecnolóxico da 'Cidade das TIC'.
Fálase
5A | Ciudadanos propón agora que a confluencia co PP en Galicia implique compartir candidaturas baixo o liderado de Feijóo cunha "papeleta conxunta" cos logotipos de PP e Ciudadanos. A voceira da formación en Galicia, Beatriz Pino, insta os populares a aceptaren polo "momento tan grave que vivimos". A proposta foi trasladada a través dunha carta enviada ás direccións estatal e galega do PP.
Educación publica as distribución por especializades das prazas das oposicións de 2020 tras presentalas aos sindicatos do sector. Pódense consultar nesta ligazón
Acordo entre o PSdeG e Compostela Aberta para a aprobación dos orzamentos de Santiago de 2020. O proxecto, aprobado este luns na Xunta de Goberno do consistorio, sairá adiante cos votos a prol dos socialistas e a abstención de CA no pleno do 2 de marzo. Na imaxe, Bugallo e Noriega durante os traballos dos traspaso de poderes, na primavera de 2019.
O Festival Audiovisual Escolar Olloboi de Boiro, galardoado co Premio Especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual, que destaca a súa aposta por "difundir o audiovisual galego entre a xuventude a través das creadoras e creadores e permitir que o talento dos nosos artistas faga canteira". Recibirán o premio encontro de finalistas dos XVIII Premios Mestre Mateo, o venres na Coruña.
Ángel Carracedo é hoxe investido doctor honoris causa pola Universidade do Minho. A institución académica, que celebra o seu 46º aniversario, destaca que Carracedo é "reconhecido não só pelo seu trabalho com impacto nos domínios da genética", senón tamén "na aplicação dos seus estudos para benefício da sociedade" e polos "seus enormes contributos para a cultura galega". (Imaxe: USC)
Néstor Rego revalida a secretaría xeral da Unión do Povo Galego. A UPG celebrou este domingo en Santiago o seu décimo quinto Congreso, en cuxo acto de clausura o tamén deputado no Congreso estivo acompañado pola líder do BNG, Ana Pontón (Imaxe: UPG)
A Xunta publica hoxe a convocatoria para funcionarizar arredor de 1.300 postos de persoal laboral. O pasado decembro o Goberno galego sinalou que este proceso beneficiará unhas 1.400 persoas, aínda que Feijóo o anunciara hai sete anos para 6.000.
5A | Unha enquisa de GAD3 para ABC sitúa o PP coa maioría absoluta intacta nas eleccións galegas. Segundo este inquérito, a segunda forza sería o PSdeG con 21 escanos -7 máis- e a terceira, o BNG con 11 -5 máis-. Outorga a cuarta posición á opción que identifica como En Marea e Común da Esquerda, malia seren na actualidade dúas formacións diferentes.
Milleiros de persoas maniféstanse en León, Ponferrada e Villablino reclamando solucións políticas á crise económica e demográfica coa reivindicación da autonomía leonesa como pano de fondo. (Imaxe: CC BY-NC-ND iLeon)