Chambo. Vinte anos dun programa mítico que todo o mundo lembra. Nesta reportaxe Vinte lémbranos o espazo da TVG que, a finais dos anos 90, achegou a audiencia a un amplo mundo musical con entrevistas, videoclips e actuacións en directo
Fálase
Militares contrarios a Maduro liberan a Leopoldo López e Guaidó asegura que o exército "deu o paso" para o "cesamento definitivo da usurpación" en Venezuela. Neste artigo, Xulio Ríos analizou a situación do país suramericano tras a autoproclamación de Guaidó como "presidente interino".
A Xunta Electoral exclúe a Puigdemont das listas para as eleccións europeas. Tras un recurso de Ciudadanos e PP, impide tamén presentarse a Toni Comín e Clara Ponsatí.
A esquerda poderá seguir gobernando na Comunitat Valenciana, onde ascenso do PSOE compensa a baixada de Compromís e Podem. O forte devalo do PP provoca que a dereita non sume malia á irrupción de Vox.
A esquerda do Acord del Botànic reedita, co 55% escrutado, a súa maioría nas autonómicas da Comunitat Valenciana pero con menos escanos. O PSOE sobe de 23 a 27 deputados pero Compromís e Podemos perden asentos nas Corts, onde Vox entra con 10 deputados.
Comezan a saír os primeiros resultados do escrutinio. Podes seguilo en tempo real neste enlace.
O Deportivo feminino gaña o seu primeiro partido da eliminatoria de ascenso a Primeira contra o Alhama (0-1). O partido de volta disputarase a vindeira fin de semana en Abegondo.
28A | Xa están abertos os colexios electorais en toda Galicia. En Praza.gal seguimos a xornada das eleccións xerais ao vivo neste espazo, que se actualiza durante todo o día coas principais novas e incidencias ata o remate da votación.
Hai hoxe 40 anos abría ao tráfico o primeiro treito da AP-9, A Barcala-Santiago Norte. RTVE Galicia recupera nesta reportaxe imaxes daquela xornada. Daquela estaba previsto que a concesión a Audasa rematase en 2013, pero dúas prórrogas estendérona primeiro ata 2023 e despois, ata 2048.
Xa está en marcha a manifestación do persoal de Alcoa na Coruña, que rematará ante a sede da Delegación do Goberno para protestar contra a decisión do Executivo central de non aprobar o estatuto electrointensivo, clave para o futuro da planta