O Tribunal Superior avala que o Concello de Vigo continúe a construción de ramplas mecánicas na Gran Vía sen permiso de Patrimonio. Os xuíces din que a Xunta non argumentou debidamente por que as ramplas poderían afectar aos edificios catalogados da contorna. Hai dous meses inaugurouse o primeiro treito de ramplas pero seguintes fases foron paralizadas por Patrimonio da Xunta.
Fálase
Unhas 54.000 persoas recibiron xa as dúas doses da vacina contra a COVID-19 en Galicia, as que fornecen a inmunidade. Segundo os datos divulgados este martes polo Ministerio de Sanidade, o Sergas levaba administradas ata o sábado 114.111 doses, se ben datos máis recentes da Consellería de Sanidade situábanas onte en 114.423. [Preme aquí para veres o gráfico interactivo] Este mércores, o Parlamento Europeo aborda coa presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, a xestión da UE na contratación e distribución das vacinas.
Un xulgado condena a multas de 180 euros a cada unha das oito persoas que subiron ao balcón da coruñesa Casa Cornide, dos Franco, reclamando a súa recuperación.
A Xunta inclúe Asturias na obriga de control polo coronavirus de viaxeiros que cheguen a Galicia, na que segue Castela e León. Unha nova actualización da anterior listaxe de territorios, do 26 de xaneiro, mantén igualmente a esixencia de comunicar as estancias en Portugal e Francia.
O ex-conselleiro Antonio Couceiro, novo presidente do Deportivo. Abanca sitúa o tamén ex-presidente do Porto da Coruña á fronte do club tras prescindir da actual directiva.
Hoxe comeza o primeiro xuízo sobre a 'caixa B' do PP, centrado na reforma da sede central do partido con diñeiro negro. Vén marcado pola nova confesión do antigo tesoureiro da formación, Luis Bárcenas, que tras o encarceramento da súa esposa volveuse amosar disposto a colaborar coa Xustiza mediante as súas revelacións.
O Ministerio de Saúde portugués rexeita o ofrecemento lanzado pola Xunta para que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolla doentes de Covid-19 procedentes de Portugal. O Executivo luso agradece a proposta, mais sinala que "a situação da região Norte encontra-se estabilizada e com capacidade de resposta previsível para os próximos dias"
Concentracións en Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense e Lugo reclaman a absolución de Pablo Hasel, condenado a unha pena de prisión polas letras das súas cancións e o contido dalgúns tuits. O rapeiro deberá ingresar na cadea nos vindeiros días por delitos de "inxurias contra a Coroa e as institucións do Estado" e "enaltecemento do terrorismo"
O Ministerio de Sanidade advirte de que a presenza da variante do coronavirus descuberta no Reino Unido (B.1.1.7) está "aumentando rapidamente" no Estado Español, o que podería provocar un incremento "da incidencia e posiblemente da taxa de hospitalización e a letalidade nas vindeiras semanas". O informe admite a posibilidade de que a variante non só sexa máis contaxiosa, senón que estea relacionada cunha maior gravidade e letalidade das infeccións. Os datos preliminares sitúan a Galicia como un dos territorios do Estado nos que a variante tería unha maior prevalencia. O SERGAS confirmou 14 casos pertencentes a esta cepa, con outros 200 en estudo, sospeitándose que todo o gromo rexistrado no hospital Meixoeiro de Vigo corresponde a esta mutación
O Ministerio de Sanidade aproba o uso da vacina de Oxford-AstraZeneca contra a COVID para a poboación de entre 18 e 55 anos. Nos últimos días, persoal técnico da Comisión de Saúde Pública estivo a avaliar o rango de idades que a recibirán, ponderando que no desenvolvemento desta vacina non houbo probas que fosen dabondo representativas da súa eficacia en poboación de máis idade. Na imaxe, viais da vacina (©AstraZeneca). Ata onte, o Sergas levaba administradas 96.947 doses das vacinas de Pfizer e Moderna, o 85,5% das recibidas, e 37.720 persoas xa recibiran as dúas doses, que fornecen a inmunización, segundo o Ministerio. Con datos desta mañá, pechados máis tarde, o Sergas elevaba a cifra a 104.205.