Hoxe comeza o primeiro xuízo sobre a 'caixa B' do PP, centrado na reforma da sede central do partido con diñeiro negro. Vén marcado pola nova confesión do antigo tesoureiro da formación, Luis Bárcenas, que tras o encarceramento da súa esposa volveuse amosar disposto a colaborar coa Xustiza mediante as súas revelacións.
Fálase
O Ministerio de Saúde portugués rexeita o ofrecemento lanzado pola Xunta para que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolla doentes de Covid-19 procedentes de Portugal. O Executivo luso agradece a proposta, mais sinala que "a situação da região Norte encontra-se estabilizada e com capacidade de resposta previsível para os próximos dias"
Concentracións en Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense e Lugo reclaman a absolución de Pablo Hasel, condenado a unha pena de prisión polas letras das súas cancións e o contido dalgúns tuits. O rapeiro deberá ingresar na cadea nos vindeiros días por delitos de "inxurias contra a Coroa e as institucións do Estado" e "enaltecemento do terrorismo"
O Ministerio de Sanidade advirte de que a presenza da variante do coronavirus descuberta no Reino Unido (B.1.1.7) está "aumentando rapidamente" no Estado Español, o que podería provocar un incremento "da incidencia e posiblemente da taxa de hospitalización e a letalidade nas vindeiras semanas". O informe admite a posibilidade de que a variante non só sexa máis contaxiosa, senón que estea relacionada cunha maior gravidade e letalidade das infeccións. Os datos preliminares sitúan a Galicia como un dos territorios do Estado nos que a variante tería unha maior prevalencia. O SERGAS confirmou 14 casos pertencentes a esta cepa, con outros 200 en estudo, sospeitándose que todo o gromo rexistrado no hospital Meixoeiro de Vigo corresponde a esta mutación
O Ministerio de Sanidade aproba o uso da vacina de Oxford-AstraZeneca contra a COVID para a poboación de entre 18 e 55 anos. Nos últimos días, persoal técnico da Comisión de Saúde Pública estivo a avaliar o rango de idades que a recibirán, ponderando que no desenvolvemento desta vacina non houbo probas que fosen dabondo representativas da súa eficacia en poboación de máis idade. Na imaxe, viais da vacina (©AstraZeneca). Ata onte, o Sergas levaba administradas 96.947 doses das vacinas de Pfizer e Moderna, o 85,5% das recibidas, e 37.720 persoas xa recibiran as dúas doses, que fornecen a inmunización, segundo o Ministerio. Con datos desta mañá, pechados máis tarde, o Sergas elevaba a cifra a 104.205.
A delegada da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e o ex-presidente da Deputación e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, condenados a dous anos de prisión e oito de inhabilitación por prevaricación e fraude. A xuíza ve probado que cometeron irregularidades para outorgar algo máis de 86.000 euros a unha construtora dun campo de fútbol en Moraña, onde a actual delegada era alcaldesa polo PP.
📺VÍDEO | Tanxugueiras dan un novo salto cara á música urbana con 'Midas'. Xa podemos ver o seu novo videoclip en VINTE
A Comisión Estatal para o Patrimonio Natural, na que están representadas todas as comunidades autónomas, aprobou a inclusión do lobo no listado de especies con Protección Especial, como propoñía o Goberno central. O lobo xa non poderá ser cazado de forma xeneralizada no norte de España, como sucedía ata agora, aínda que si se poderán realizar "controis poboacionais" en zonas específicas se se documentan ataques sistemáticos á gandaría. En cambio, non houbo acordo para protexer á rula. A Comisión Europea ameaza con sacionar o Estado español pola falta de protección a estas dúas especies.
Alcoa comunica ao comité o inicio das negociacións coa SEPI para a venda da planta de aluminio da Mariña. A evolución das conversas avaliarase nunha reunión multilateral o vindeiro 22 de xaneiro, segundo confirmou a empresa ao persoal.
Bárcenas confesa a Anticorrupción que o PP se financiou ilegalmente entre 1982 e 2009. O ex-tesoureiro popular asegura que Rajoy destruíu os papeis pero que el gardou unha copia.