O Ministerio de Sanidad aproba comezar a vacinación dos menores de 40 anos e non aborda a relaxación no uso das máscaras. Crea tres novos grupos para a inmunización (entre 30 e 39 anos, 20-29 e 12-19), que poderían empezar a ser vacinados en paralelo aos maiores de 40.
Fálase
A xornalista Isabel Bravo gaña o Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais' 2020, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, pola peza Cando as preguntas aínda non tiñan resposta, emitida en Radio Coruña - Cadena Ser. Os membros do xurado destacaron a capacidade da comunicadora para "pór en valor a información local e darlle voz ás fontes expertas no primeiro día de estado de alarma".
O xurado decidiu conceder unha mención especial como finalista á reportaxe La uci del covid, desde dentro: «No somos héroes», publicada por Ángel Paniagua en La Voz de Galicia.
Só Andalucía, Euskadi e La Rioja seguen coa obriga de control polo coronavirus de viaxeiros que cheguen a Galicia. Na actualización da lista publicada este martes no DOG tampouco está boa parte de Europa.
O Burela alarga a súa xeira triunfal e logra a súa cuarta liga tras impoñerse 2-5 ao Futsi Atlético Torrejón na final do playoff polo título. É o cuarto campionato ligueiro e noveno título consecutivo das guerreiras laranxas. (Imaxe: Burela FS)
Ana Pontón e Gabriel Rufián defenden “o diálogo político e a negociación fronte á espiral da bronca das dereitas de Colón”. A portavoz nacional do BNG e o deputado de ERC mantiveron un coloquio en Santiago retransmitido na canle de Youtube da formación.
Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais, substitúe a Pablo Iglesias como secretaria xeral de Podemos co 85% dos votos da IV Asemblea Cidadá da formación.
A Asemblea Xeral da ONU aprobará o venres a continuidade do portugués António Guterres como o seu secretario xeral ata 2026 tras validalo as principais potencias no Consello de Seguridade do pasado martes.
Un incendio de máis de 180 hectáreas ameazou vivendas a pasada noite en Maceiras, no concello de Salvaterra. No Courel outro lume leva afectadas máis de cen hectáreas. [Imaxe de arquivo de @BrifLaza dun incendio esta primavera]
Dous incendios activos este sábado no Xurés e no Courel tras dous meses sen que a Xunta informase de lumes de máis de 20 hectáreas ou que afectasen a espazos protexidos. Este venres a Xunta declarou época de perigo alto de incendios o período entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. [Imaxe de arquivo da Xunta do Xurés CC-BY-SA].
Un xulgado de Pontevedra condena o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (PP) por chamar "chacha para todo" de Abel Caballero á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG). A sentenza, que é recorrible, considera que Durán incorreu nun delito leve de falta de respecto e consideración debida á autoridade no exercicio das súas funcións e impón a Durán unha multa de 12 euros ao día durante un mes. Cóntao Pontevedra Viva