Tres persoas feridas no descarrilamento dun tren da antiga Feve á altura de Mañón, na liña Ferrol-Ribadeo. Segundo informan o 112 e Adif, a causa do accidente foi un corremento de terras. Na imaxe, unha locomotora do tren do norte.
Fálase
A Comisión da Competencia abre expediente a sete empresas de alugueiros e intermediación inmobiliaria. A CNMC analiza a posible coordinación de prezos a través de algoritmos das súas plataformas informáticas de Idealista SA, Look & Find primera red inmobiliaria SA, DC Franquiciadora Inmobiliaria SA, Aplicaciones Inmovilla SL, Witei Solutions SL, Anaconda Services and Real Estate Technologies SL e Servicio Multiple de Exclusivas Inmobiliarias SL (MLS).
5A | Luís Villares retírase da política. O ata agora líder de En Marea anuncia a súa marcha ás portas dunhas eleccións galegas nas que as enquistas se viñan amosando moi negativas para a formación. Ampliamos a información neste espazo
O BOE publica hoxe a derrogación do artigo que permitía o despedimento procedente por baixas médicas xustificadas coa indemnización mínima. A reforma, aprobada onte polo Consello de Ministros, entra en vigor mañá, día 20.
Casado traslada a Arrimadas a súa negativa a formar unha alianza do PP e Ciudadanos en Galicia que si acepta para Euskadi. A formación laranxa propuxo hoxe mesmo unha "papeleta conxunta" cos logotipos de ambas formacións e Feijóo só aceptaba incluír independentes nas súas listas.
O TSXG obriga o Hospital Modelo da Coruña a contratar os xinecólogos que lle facilitaba unha empresa externa para realizar gardas. O Superior aclara que esta empresa non tiña "outra actividade efectiva, nin estrutura empresarial propia, máis aló dos propios facultativos codemandados".
O Consello de Ministros aproba a derrogación do artigo última reforma laboral que permitía o despedimento procedente por baixas médicas xustificadas. Este mecanismo foi especialmente utilizado nos últimos meses en sectores como o do telemarketing. (Imaxe: JM Cuadrado / Goberno de España)
O Ministerio de Defensa asina a cesión á Universidade da Coruña da antiga fábrica de armas para desenvolver no recinto o parque tecnolóxico da 'Cidade das TIC'.
5A | Ciudadanos propón agora que a confluencia co PP en Galicia implique compartir candidaturas baixo o liderado de Feijóo cunha "papeleta conxunta" cos logotipos de PP e Ciudadanos. A voceira da formación en Galicia, Beatriz Pino, insta os populares a aceptaren polo "momento tan grave que vivimos". A proposta foi trasladada a través dunha carta enviada ás direccións estatal e galega do PP.
Educación publica as distribución por especializades das prazas das oposicións de 2020 tras presentalas aos sindicatos do sector. Pódense consultar nesta ligazón