Morre aos 63 anos José Guirao, ministro de Cultura entre 2018 e 2020. O que tamén fora director do Museo Reina Sofía padecía cancro. [Imaxe: © Pool Moncloa/JM Cuadrado]

Morre aos 63 anos José Guirao, ministro de Cultura entre 2018 e 2020. O que tamén fora director do Museo Reina Sofía padecía cancro. [Imaxe: © Pool Moncloa/JM Cuadrado]
A cidade de Ourense volveu marcar a temperatura máxima de Galicia este domingo, con 41 graos, por riba dos 39,8 de Leiro e os 39,5 de Vilamartín de Valdeorras e Arnoia, nunha xornada algo máis fresca na costa, pero de novo con valores elevados, que este luns serán algo menores na metade oeste do país.
El Semblante, Covid Love e Canibalismo gañan os premios a mellor curtametraxe española, internacional e galega da oitava edición do FanCine de Lemos. Os galardóns entregáronse este sábado pola noite na adega Algueira en Sober, nunha gala que puxo fin a cinco días de proxeccións e actividades en diversos espazos de Monforte de Lemos, Sober e A Pobra do Brollón. Na imaxe, Diego Aballe, Amanda Seijas e Fran Nogueira responsables da gañadora galega, Canibalismo
A cidade de Ourense rexistrou a temperatura máxima deste sábado en Galicia, con 41,2 graos pouco despois das cinco da tarde. Arnoia (40,8), Leiro (40,3) e Castrelo de Miño (39,6) foron os seguintes lugares cos valores máis elevados
Este sábado o val do Miño en Ourense, a comarca de Valdeorras e o Baixo Miño pontevedrés atópanse en aviso de nivel laranxa pola calor, con temperaturas por riba dos 39 graos nalgunhas zonas. Ademais, todo o litoral pontevedrés, o suroeste e o interior da Coruña e o sur de Ourense estarán en aviso de nivel amarelo, superando os 34 graos. Así mesmo, a Xunta sinalou o nivel máximo de alerta por episodio de calor en 48 concellos e recomenda tomar precaucións antes as elevadas temperaturas
Ducias de activistas están a ocupar a Illa da Creba, en Esteiro (Muros) para reclamar que sexa "devolta a mans públicas" e o "cese da privatización e especulación na mesma". A ocupación "pacífica e simbólica" terá unha duración indefinida, destaca a Plataforma pola recuperación da Illa da Creba. Nos últimos anos producíronse outras ocupacións da illa e tamén a súa devolución foi esixida no Parlamento galego.
Morre o ex-primeiro ministro xaponés Shinzo Abe a causa do disparo que recibiu durante un mitin, segundo adianta a NHK, a televisión pública do Xapón. O asasino está detido
Abre o prazo de solicitude da axuda extraordinaria de 200 euros para persoas con baixos ingresos incluída polo Goberno de España no último decreto de medidas fronte á crise de prezos. O trámite pódese realizar na sede electrónica da Axencia Tributaria [Imaxe: CC BY-NC-ND ECB]
O ex-primeiro ministro xaponés Shinzo Abe, en estado crítico tras recibir un disparo durante un mitin.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, demandou ao Goberno do Estado, á Xunta e a Stellantis "colaboración e compromiso" para que Galicia non quede excluída do denominado polo Ministerio de Industria PERTE do vehículo eléctrico e conectado, na súa visita á fábrica en Vigo este xoves.
"Preocúpanos que o PERTE da automoción deixe fora a unha empresa tan importante para o noso país como Stellantis e, por iso, pedimos colaboración entre o Goberno central e a Xunta para garantir o acceso a eses fondos, porque o único que temos son boas palabras pero iso non chega para evitar que Galicia quede discriminada nun dos PERTES máis importantes que ten en marcha o Estado", argumentou Pontón, quen considerou importante que a propia Stellantis "faga unha aposta estratéxica" por Galicia.