Morre o ex-primeiro ministro xaponés Shinzo Abe a causa do disparo que recibiu durante un mitin, segundo adianta a NHK, a televisión pública do Xapón. O asasino está detido
Fálase
Abre o prazo de solicitude da axuda extraordinaria de 200 euros para persoas con baixos ingresos incluída polo Goberno de España no último decreto de medidas fronte á crise de prezos. O trámite pódese realizar na sede electrónica da Axencia Tributaria [Imaxe: CC BY-NC-ND ECB]
O ex-primeiro ministro xaponés Shinzo Abe, en estado crítico tras recibir un disparo durante un mitin.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, demandou ao Goberno do Estado, á Xunta e a Stellantis "colaboración e compromiso" para que Galicia non quede excluída do denominado polo Ministerio de Industria PERTE do vehículo eléctrico e conectado, na súa visita á fábrica en Vigo este xoves.
"Preocúpanos que o PERTE da automoción deixe fora a unha empresa tan importante para o noso país como Stellantis e, por iso, pedimos colaboración entre o Goberno central e a Xunta para garantir o acceso a eses fondos, porque o único que temos son boas palabras pero iso non chega para evitar que Galicia quede discriminada nun dos PERTES máis importantes que ten en marcha o Estado", argumentou Pontón, quen considerou importante que a propia Stellantis "faga unha aposta estratéxica" por Galicia.
Boris Johnson dimite como primeiro ministro do Reino Unido. Inicialmente, a BBC apuntara a un plan para deixar o liderado do Partido Conservador británico pero seguir como primeiro ministro do Reino Unido ata o outono. Agora limítase a referirse ao momento en que os conservadores elixan novo líder. A decisión chega tras numerosas dimisións no seu gabinete e semanas despois de que lograse superar o voto de confianza entre os seus parlamentarios [Imaxe: © Commons Press Ofice]
- HEMEROTECA | 🔊PODCAST - Eleccións no Reino Unido: cheque en branco a Boris Johnson para pilotar a saída da UE
O Parlamento Europeo apoia por 328 votos fronte a 278 que a enerxía nuclear e a obtida a partir de gas sexan consideradas como "actividades económicas medioambientalmente sostibles" a efectos do seu financiamento. A proposta partiu da Comisión Europea aínda ten que ser aprobada polos Estados membros, este mesmo mes. Austria e Luxemburgo xa anunciaron que, se sae finalmente adiante, recorrerán ante o Tribunal da Xustiza da UE. O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares, un dos relatores da revisión da Directiva de Renovables, defendeu no proceso que "nin o gas fósil nin a opción nuclear deben gozar da etiqueta verde" ao consideralo "un perigoso exercicio de greenwashing". Na imaxe, planta de Reganosa en Mugardos
O Goberno de España inclúe Vigo e Santiago na lista de 25 cidades nas que prevé celebrar reunións e cimeiras durante a presidencia española do Consello da UE, que decorrerá de xullo a decembro de 2023. Así o vén de confirmar o delegado gobernamental en Galicia, José Miñones, que xa o comunicou á Xunta e a ambos concellos. As restantes cidades propostas son Albacete, Barcelona, Bilbao, Cáceres, Cádiz, Córdoba, Xixón, Granada, Las Palmas, León, Logroño, Madrid, Murcia, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla, Tarragona, Toledo, València, Valladolid e Zaragoza. Na imaxe, unha vista parcial de Vigo [CC BY-SA elchicogris]
Formoso (PSdeG) apoia que a Xunta reclame as competencias sobre a xestión do litoral, pero reclama ao Goberno galego "ser ambicioso non só no ámbito da costa". "Galicia debe ser ambiciosa, reformar o Estatuto e dotalo de mecanismos, flexibilidade e capacidade para xestionar os sectores estratéxicos do noso país", defendeu o secretario xeral do PSdeG durante unha visita a Baiona.
Diego Giráldez, finalista do XIX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo A coreografía dos envoltorios, publicado en Praza.gal. O xurado tamén outorgou a condición de finalistas a Cláudia Morán por un artigo publicado en Nós Diario e mais a Francisco Castro, por un texto en La Voz de Galicia. [Imaxe: © Mateo H. Soto]
- VOLVE LELO 👉 A coreografía dos envoltorios, por Diego Giráldez
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 5.188 en Galicia durante o mes de xuño (-3,55% e un -1,45% na media estatal) e quedan en 140.932, o que supón un descenso de 16.786 a respecto do mesmo mes de 2021 (diminución do 10,64% e na media estatal, do -20,30%). No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 7.775 persoas (+0,75% e na media estatal, +0,57%), ata 1,048 millóns, isto é, un 2,62% máis que doce meses antes (na media, +4,35%).