O Goberno de España inclúe Vigo e Santiago na lista de 25 cidades nas que prevé celebrar reunións e cimeiras durante a presidencia española do Consello da UE, que decorrerá de xullo a decembro de 2023. Así o vén de confirmar o delegado gobernamental en Galicia, José Miñones, que xa o comunicou á Xunta e a ambos concellos. As restantes cidades propostas son Albacete, Barcelona, Bilbao, Cáceres, Cádiz, Córdoba, Xixón, Granada, Las Palmas, León, Logroño, Madrid, Murcia, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla, Tarragona, Toledo, València, Valladolid e Zaragoza. Na imaxe, unha vista parcial de Vigo [CC BY-SA elchicogris]
