O Parlamento Europeo apoia por 328 votos fronte a 278 que a enerxía nuclear e a obtida a partir de gas sexan consideradas como "actividades económicas medioambientalmente sostibles" a efectos do seu financiamento. A proposta partiu da Comisión Europea aínda ten que ser aprobada polos Estados membros, este mesmo mes. Austria e Luxemburgo xa anunciaron que, se sae finalmente adiante, recorrerán ante o Tribunal da Xustiza da UE. O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares, un dos relatores da revisión da Directiva de Renovables, defendeu no proceso que "nin o gas fósil nin a opción nuclear deben gozar da etiqueta verde" ao consideralo "un perigoso exercicio de greenwashing". Na imaxe, planta de Reganosa en Mugardos
