A cidade de Ourense rexistrou a temperatura máxima deste sábado en Galicia, con 41,2 graos pouco despois das cinco da tarde. Arnoia (40,8), Leiro (40,3) e Castrelo de Miño (39,6) foron os seguintes lugares cos valores máis elevados
Fálase
Este sábado o val do Miño en Ourense, a comarca de Valdeorras e o Baixo Miño pontevedrés atópanse en aviso de nivel laranxa pola calor, con temperaturas por riba dos 39 graos nalgunhas zonas. Ademais, todo o litoral pontevedrés, o suroeste e o interior da Coruña e o sur de Ourense estarán en aviso de nivel amarelo, superando os 34 graos. Así mesmo, a Xunta sinalou o nivel máximo de alerta por episodio de calor en 48 concellos e recomenda tomar precaucións antes as elevadas temperaturas
Ducias de activistas están a ocupar a Illa da Creba, en Esteiro (Muros) para reclamar que sexa "devolta a mans públicas" e o "cese da privatización e especulación na mesma". A ocupación "pacífica e simbólica" terá unha duración indefinida, destaca a Plataforma pola recuperación da Illa da Creba. Nos últimos anos producíronse outras ocupacións da illa e tamén a súa devolución foi esixida no Parlamento galego.
Morre o ex-primeiro ministro xaponés Shinzo Abe a causa do disparo que recibiu durante un mitin, segundo adianta a NHK, a televisión pública do Xapón. O asasino está detido
Abre o prazo de solicitude da axuda extraordinaria de 200 euros para persoas con baixos ingresos incluída polo Goberno de España no último decreto de medidas fronte á crise de prezos. O trámite pódese realizar na sede electrónica da Axencia Tributaria [Imaxe: CC BY-NC-ND ECB]
O ex-primeiro ministro xaponés Shinzo Abe, en estado crítico tras recibir un disparo durante un mitin.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, demandou ao Goberno do Estado, á Xunta e a Stellantis "colaboración e compromiso" para que Galicia non quede excluída do denominado polo Ministerio de Industria PERTE do vehículo eléctrico e conectado, na súa visita á fábrica en Vigo este xoves.
"Preocúpanos que o PERTE da automoción deixe fora a unha empresa tan importante para o noso país como Stellantis e, por iso, pedimos colaboración entre o Goberno central e a Xunta para garantir o acceso a eses fondos, porque o único que temos son boas palabras pero iso non chega para evitar que Galicia quede discriminada nun dos PERTES máis importantes que ten en marcha o Estado", argumentou Pontón, quen considerou importante que a propia Stellantis "faga unha aposta estratéxica" por Galicia.
Boris Johnson dimite como primeiro ministro do Reino Unido. Inicialmente, a BBC apuntara a un plan para deixar o liderado do Partido Conservador británico pero seguir como primeiro ministro do Reino Unido ata o outono. Agora limítase a referirse ao momento en que os conservadores elixan novo líder. A decisión chega tras numerosas dimisións no seu gabinete e semanas despois de que lograse superar o voto de confianza entre os seus parlamentarios [Imaxe: © Commons Press Ofice]
- HEMEROTECA | 🔊PODCAST - Eleccións no Reino Unido: cheque en branco a Boris Johnson para pilotar a saída da UE
O Parlamento Europeo apoia por 328 votos fronte a 278 que a enerxía nuclear e a obtida a partir de gas sexan consideradas como "actividades económicas medioambientalmente sostibles" a efectos do seu financiamento. A proposta partiu da Comisión Europea aínda ten que ser aprobada polos Estados membros, este mesmo mes. Austria e Luxemburgo xa anunciaron que, se sae finalmente adiante, recorrerán ante o Tribunal da Xustiza da UE. O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares, un dos relatores da revisión da Directiva de Renovables, defendeu no proceso que "nin o gas fósil nin a opción nuclear deben gozar da etiqueta verde" ao consideralo "un perigoso exercicio de greenwashing". Na imaxe, planta de Reganosa en Mugardos
O Goberno de España inclúe Vigo e Santiago na lista de 25 cidades nas que prevé celebrar reunións e cimeiras durante a presidencia española do Consello da UE, que decorrerá de xullo a decembro de 2023. Así o vén de confirmar o delegado gobernamental en Galicia, José Miñones, que xa o comunicou á Xunta e a ambos concellos. As restantes cidades propostas son Albacete, Barcelona, Bilbao, Cáceres, Cádiz, Córdoba, Xixón, Granada, Las Palmas, León, Logroño, Madrid, Murcia, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla, Tarragona, Toledo, València, Valladolid e Zaragoza. Na imaxe, unha vista parcial de Vigo [CC BY-SA elchicogris]