Atopan en Cova Eirós un recipiente cerámico con orixe nos momentos iniciais do Neolítico, hai uns 6.000 anos, unha etapa aínda escasamente representada na Prehistoria galega. O estilo da peza permite relacionala con conxuntos oleiros do sur de Portugal. A cova confírmase como o xacemento prehistórico máis importante de Galicia, trala descuberta hai dous anos de valiosas pinturas rupestres
Fálase
O xuíz accede á petición do PP e da Fiscalía e non permitirá retransmitir en directo o xuízo pola destrución dos ordenadores de Luis Bárcenas.
O BNG de Santiago declina a posibilidade de integrarse no goberno do socialista Xosé Sánchez Bugallo. A formación considera que "non se dan as condicións" para este acordo porque, entre outros aspectos, ambas forzas non suman maioría absoluta e o PSdeG local desbotou ampliar o ofrecemento a Compostela Aberta. O Bloque mantense aberto ao "diálogo" e acordos puntuais, agregan.
Desde hai un tempo as muiñeiras, as xotas, as polcas ou os pasodobres teñen o seu espazo de aprendizaxe en Youtube. VINTE afonda na canle TradiGaita, do gaiteiro Diego Prieto e Un punto ao día, do bailador Luís Prego.
Conversas do xuíz que encarcerou a Lula da Silva amosan como manobrou para prexudicalo electoralmente e poñen en cuestión a investigación contra o ex-presidente. É unha exclusiva de The Intercept. O xuíz Moro foi nomeado ministro por Bolsonaro tras a súa vitoria electoral.
40 embarcacións participaron este sábado na protesta convocada pola plataforma SOS Ría de Pontevedra, en demanda dunha ría limpa de contaminación, coincidindo co Día dos Océanos.
O Dépor xogará os play-off de ascenso a Primeira División. Derrotou o Córdoba (2-0) e enfrontarase este mércores ao Málaga en Riazor buscando chegar á eliminatoria final
O Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE aproba unha resolución para apoiar gobernos progresistas en todos os concellos onde se poida constituír unha maioría alternativa ao PP. Gonzalo Caballero anuncia “a oposición máis sólida e contundente” para “construír a mellor alternativa” a Feijóo. Ana Pontón tamén anticipa que onde o PP non teña maioría, o BNG "actuará con responsabilidade" para evitar gobernos de dereitas.
Veciñanza e familiares das 23 homenaxeadas dan os últimos retoques ao Mural das Mulleres, que se inaugurará o vindeiro xoves en Pontevedra. A obra foi realizada por Polo Correo do Vento e Rei Zentolo e inclúe a Amalia Álvarez, Carmen Durán, Ernestina Otero, María Victoria Moreno, Clara López, Mercedes Ruibal e Leonor González (Nené), entre outras pontevedresas
Este venres celebrouse a XIII Marcha a Pé Ferrol–Mugardos, unha protesta anual organizada polo Comité Cidadán que dende 2007 esixe o traslado da planta de gas de Reganosa fóra da Ría de Ferrol, salientando "a ilegalidade e o perigo" da instalación