A Xustiza europea dá a razón aos taxistas e dita que Uber debe estar regulado como un transporte. O TXUE nega que sexa economía colaborativa e dá a volta ao concepto.
Fálase
O PP aproba en solitario os Orzamentos para 2018 e a lei de acompañamento na que coa reformas doutra ducia de normas. A oposición votou en contra de xeito maioritario e abstívose en elementos puntuais.
O PP rexeita sequera tramitar a iniciativa lexislativa popular da Mesa pola Normalización, defendida polo seu presidente Marcos Maceira, para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. En Marea, PSdeG e BNG votan a favor de iniciar a súa tramitación pero os populares din que “non é necesaria” e que pode “supor un efecto contrario ao desexado”. Consulta aquí toda a información
Adif prevé rematar en xuño de 2019 o último viaduto do AVE no Macizo Central ourensán, o que ratifica que non entrará en servizo ata 2020, unha vez instalados os equipamentos técnicos e realizadas as probas de circulación. Logo aínda quedaría o treito Taboadela-Ourense, no que a Xunta asume que os trens seguirán a empregar a vía vella ata polo menos 2024.
O PP anuncia no Congreso unha lei para "garantir a veracidade das informacións en internet" e que os medios colaboren coa seguridade do Estado. Avanzouno o seu voceiro, Rafael Hernando, e para sacala adiante precisaría do apoio doutras forzas políticas. Cóntao eldiario.es
Feridos tres operarios nas obras do AVE en Laza. A orixe do incidente foi o incendio dun xerador no interior dun túnel no que traballan. Segundo informa o 112, todo o persoal foi evacuado e un dos traballadores tivo que ser enviado ao hospital. No túnel de Laza falecera xa un traballador o pasado novembro. Os traballos da conexión por alta velocidade á Meseta acumulaban ata ese momento sete vítimas mortais.
Hoxe remata a campaña electoral catalá nun axustado escenario. As principais forzas políticas medíronse a pasada noite nun debate en TV3 que pode recuperarse nesta ligazón
O BNG anuncia que vai "facilitar" a aprobación do orzamento da Deputación de Lugo, que o goberno do socialista Darío Campos leva ao pleno este xoves.
O PP admite que pode perder a metade dos seus escanos no Parlament de Catalunya nas eleccións deste xoves. Actualmente ten 11. Cóntao eldiario.es
VÍDEO | "Imposible sen ti". Celta e Deportivo volven unirse nunha campaña pola concordia no derbi galego, que regresa este sábado en Riazor. É o terceiro anuncio dunha iniciativa pola que foi premiada Abanca. Nesta ocasión, os protagonistas son dúas amigas e un papagaio.