O Rápido de Bouzas ascende a Segunda División B tras empatar en Peralada. A vindeira tempada serán sete os equipos galegos na categoría
Fálase
O Goberno italiano rescatará a Banca Popolare di Vicenza e o Veneto Banca con 17.000 millóns de euros
Mantense activo o incendio que afecta ao parque natural de Doñana, onde máis de dúas mil persoas tiveron que ser evacuadas
A Xunta dá por controlado un novo incendio de máis de 20 hectáreas en Melón, na parroquia de Quins, onde o pasado luns un lume queimou outras 150 hectáreas. O Goberno galego prevé aprobar o plan de extinción deste ano o próximo xoves.
130 toneladas de lixo na Coruña e 20 en Panxón, Nigrán, o recollido nas dúas principais festas de San Xoán en praias. Na capital coruñesa foron case 60 toneladas menos que o ano pasado mentres a vila pontevedresa mantívose nas mesmas cifras. Os dous concellos impulsaron campañas de sensibilización para a recollida do lixo e respecto dos areais.
VÍDEO | “Este pandeiro que toco / é de pelica d'ovella”, unha das moitas variantes dunha cantiga popular similar á que Faltriqueira interpreta neste vídeo, foi a peza que tiveron que analizar este sábado os opositores aspirantes a unha praza de mestre de música.
Pórtico ou Mario Conde, entre as empresas e particulares galegos que se manteñen no listado de morosos que vén de facer público a Agencia Tributaria por terceiro ano consecutivo.
Un morto por bala nunha liorta na praia de Arealonga, en Chapela, Redondela, nunha noite de San Xoán tranquila no resto de Galicia. A policía detivo o presunto autor do disparo, con antecedentes, que acabou coa vida dun mozo de 25 anos que celebraba a festa no areal próximo a Vigo. No resto de Galicia os incidentes reportados polos servizos de emerxencias foron as habituais intoxicacións etílicas e feridas menores por liortas ou polo salto de fogueiras. (Foto: Xunta de Galicia)
Preto de 14.500 persoas opositan este sábado en toda Galicia para acceder a algunha das 1.043 prazas convocadas por Educación
Un incendio en Ourense obriga a desaloxar varias vivendas de forma preventiva. O lume está controlado.