Falece o xornalista e divulgador musical Nonito Pereira. O promotor, crítico e referente musical coruñés morreu este martes aos 76 anos. Vinculado moitos anos ao Playa Club, foi o impulsor do Noroeste Pop Rock e organizador de innumerables concertos en Galicia.
Fálase
O 94% da militancia de ERC contesta "si" a rexeitar a investidura de Pedro Sánchez se "previamente non hai un acordo para abordar o conflito político co Estado nunha mesa de negociación".
O movemento feminista maniféstase contra a violencia machista nunha trintena de vilas e cidades galegas no serán deste 25N. Na imaxe, a mobilización da Coruña (M.A.)
"Non nos calarán". A Asociación Feminista de Vilalba recompila nun vídeo nomes de mulleres vítimas de asasinatos machistas neste 2019 e advirte contra "o silencio cómplice" ante estas agresións. O pasado verán unha veciña de Vilalba foi asasinada polo seu ex-marido.
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego (PP), condenado a 8 meses sen carné por conducir triplicando a taxa de alcol permitida na noite das eleccións xerais. Recólleo La Opinión de A Coruña
Rescatados dous tripulantes dun pesqueiro que bateu cun buque na ría de Vigo. A colisión tivo lugar ao norte da illa de Toralla e as dúas persoas foron rescatadas do mar e trasladadas ao peirao da Laxe tras afundirse a súa embarcación.
Feijóo non se "atreve" a "incluír a Vox dentro dos partidos rupturistas" e pide "esperar a ver como evoluciona". Faino nunha entrevista co xornal El Mundo na que volve apostar por un pacto PSOE-PP para gobernar España.
Detido por suposta violencia de xénero o marido da ex-concelleira de Sarria que estivo un día desaparecida.
Interceptado o primeiro narcosubmarino transoceánico na ría de Aldán con máis de 3.000 quilos de cocaína. Dous dos tripulantes foron detidos e outro fuxiu a nada. Estao contando o Diario de Pontevedra.
A militancia do PSdeG aproba case por unanimidade o acordo progresista para que PSOE e Unidas Podemos formen goberno en España. Coa práctica totalidade de agrupacións recontadas, o 94% dos socialistas galegos optaron polo si.