Duplo recoñecemento para 'O que arde' nos Premios Gaudí do cinema catalán: mellor película europea e mellor fotografía. O filme de Óliver Laxe xa é a película en galego máis vista da historia nas salas. 'Quien a hierro mata', coproducida pola galega Vaca Films, levou tamén dous premios: mellor actor secundario (Enric Auquer) e mellor dirección de produción.
Fálase
Morre un cazador en San Xoán de Río “ao disparárselle unha escopeta de forma accidental”, segundo informa o 112 Galicia. [Imaxe de arquivo da Federación Galega de Caza]
Antonio Fontenla, voceiro da patronal galega, que dous anos despois aínda non logrou elixir un presidente, volve cargar contra o Goberno central: “As medidas que anuncia son de poñer os pelos de punta”, di nunha entrevista na Radio Galega. Hai apenas dous meses, noutra entrevista tamén na Radio Galega, Fontenla xa clamara contra o pacto PSOE-Podemos.
Falece unha muller ao bater contra unha cabina de peaxe da AP-9 o vehículo no que viaxaba como acompañante. O condutor e unha traballadora da autoestrada resultaron feridos no sinistro ocorrido na peaxe de Guísamo do ramal de Ferrol, segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias.
Feijóo envía unha carta a cada ministerio ofrecendo “diálogo e cooperación leal” ao tempo que o PP galego centra a súa axenda no que queda de lexislatura en esixir a ‘Axenda Galicia’.
VINTE NA REDE | Que teñen en común series míticas da TVG como Shin Chan, Pratos Combinados ou A Nanny con Miguel Anxo Bastos ou Néstor Rego? Todos teñen contas 'out of context' que lle están dar grandes momentos ao Twitter ao galego. Cóntannolo en VINTE
O público de Fervenzas Literarias distingue a Praza.gal como mellor medio de comunicación do 2019. Neste espazo poderase consultar a relación completa de obras, persoas e organizacións distinguidas nestes galardóns. A revista organiza cada ano esta votación entre a súa audiencia.
O PP español vota en contra no Parlamento Europeo contra unha resolución que pide protexer a democracia e a independencia xudicial en Polonia e Hungría, países dirixidos por gobernos de extrema dereita. Os populares españois desmárcanse así dos grupos da esquerda, pero tamén da liña oficial do Partido Popular Europeo.
A directora de Turismo de Galicia afirma que a proliferación dos pisos turísticos non ten "nada que ver" coa suba dos prezos do alugueiro tradicional para uso residencial. Son declaracións de Nava Castro a Radio Galicia-Cadena SER. Asegúrao despois de que a propia Xunta presentase a nova regulación do sector e tras a ampliación da moratoria á apertura de novos pisos turísticos en Santiago.
O pleno do Poder Xudicial avala o nomeamento da ex-ministra Dolores Delgado como fiscal xeral do Estado por 12 votos a 7. Haberá un voto particular discrepante ao que, previsiblemente, se engadirán outros membros deste órgano designado polo Goberno central segundo a Constitución, cuxo ditame ao respecto é preceptivo, pero non vinculante.